Skip to Content


Icono Aula virtual

Normalización Lingüística

Entrevista na radio: Proxecto Neo

Para o programa 404 do Proxecto Neo escolleron entrevistar a unha alumna do noso centro, descubre a quen!

Falou ben e falou ó conto.

Podedes escoita-la entevista completa nesta ligazón.

Ben feito!

Informe sobre o uso do galego do alumnado do IES da Illa de Arousa

Clicar na portada para ler o estudo

Informe sobre o uso do galego do alumnado do IES da Illa de Arousa presenta unha análise da realidade sociolingüística dos adolescentes da Illa de Arousa, baseada nos resultados de 190 enquisas realizadas no instituto en novembro de 2020.

Trátase do estudo de usos lingüísticos máis completo realizado ata a data no IES Illa de Arousa e permitirá axeitar o deseño das actividades de dinamización lingüística ás principais necesidades da poboación escolar.

 

Estudo elaborado por Helena Domínguez (Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto).

 

 

 

 

Proxecto Entre Illas

O noso instituto e máis o de "As Bizocas" de O Grove veñen de poñer en marcha o Proxecto "Entre Illas", co cal poñemos en contacto ao alumnado de 2º ESO dos 2 centros. A primeira fase consiste nun vídeo de presentación de cada un dos institutos. Eiquí vos van!! 

 

Imaxina Cantares do IES Illa de Arousa

O noso Centro participou no concurso "Imaxina Cantares" convocado por Política Lingüística con este audiovisual do EDL do instituto.

Combinou imaxes da nosa illa cun poema de "Cantares Gallegos" titulado "Fun un domingo".

As voces e as imaxes son de cinco alumnos de 1º ESO e a montaxe do EDL.

A letra miúda

Accede ao enlace para ler "A letra miúda"

"A letra miúda" é a revista dixital da Coordinadora Galega de Equipas de Normalización Lingüística  

Distribuir contido


by Dr. Radut