Skip to Content


Icono Aula virtual

RESERVA PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

 

Dende hoxe 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro de 2024, ábrese o prazo para a reserva de praza para o curso 24/25 no centro adscrito IES da Basella.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ( dispoñible para descargar na WEB ou no centro) ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear .

 

Esta solicitude deberase presentar no centro ou nos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

 

1. Usuarios sen identificar Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 

 

2. Usuarios identificados Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.

 



page | by Dr. Radut