Skip to Content


Icono Aula virtual

Acreditación competencias dixitais alumnado

Publicouse a resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Máis información

O alumnado matriculado en 4º ESO pode realizar probas específicas para  acreditar as compentencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitará a súa inscripción empregando o modelo, os menores de idade deben contar coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais.

Data límite inscripción: 15 de marzo Actualizado!!

Calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril

  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.

Información sobre as probas específicas:

  • A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominidefinidas noMarco galego de competencias dixitaisA alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).

Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

  • A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidadeaxustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais Marco galego de competencias dixitais. A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía. A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas.

 Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.



page | by Dr. Radut