try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
I.E.S. "Illa de Tambo"

Benvido a Web do I.E.S. "Illa de Tambo"

* * * * * * * * * * * * * * * * * *

Ultima modificación :  8-12-2014

TABOLEIRO DE ANUNCIOS

 

 

PORTUGAL-2014

 

  Dentro das actividades de normalización lingüística este curso 2014-2015 decidimos facer un novo intercambio con Portugal, no que, como non, facemos énfase nas similitudes das nosas linguas e aproveitamos a lembranza de que, nun tempo atrás, foron as mesmas. Nesta ocasión o Centro portugués co que facemos o intercambio é o Liceu francés de Porto. Unha meca do ensino de linguas: francés, inglés, castelán e, por suposto, portugués. Os alumnos/as de 1º Bacharelato poden dar fe das ledicias do centro, á última en todo, xunto con Luz e Antonio que tiveron a grande sorte de acompañalos e de pasaren un día marabilloso. Presentación de Porto, da súa gastronomía, dos seus viños, traballos de comparación do galego-portugués e francés, comida no propio Centro, traballo conxunto por grupos de alumnos/as combinando os nosos cos deles, paseando pola cidade, e iso si rematamos cunha merenda con natas e bolo real portugués de auténtico luxo. Agora estamos agardamos con emoción a que veñan eles na primeira semana de Maio.

 Nos Albums de Fotos podense ver algunhas fotos da visita.

 

* * * * * * * * * * * * * * *

 

 

 

RENOVACIÓN

DO

CONSELLO ESCOLAR

 

  Nas eleccións celebradas o pasado 27 de novembro para proceder a renovación do Consello Escolar do Centro, sairon elexidos os seguintes representantes :

 

Representantes do profesorado :

- D. José Manuel Lodeiro Ferreiro

- Dª María José Rodriguez de Vicente Tutor

- D. Juan José Cano Fernández

 

Representantes dos pais :

- Dª María Bernárdez Pérez

- D. Agustín Troitiño Dapena

 

Representantes dos alumnos :

- D. Aarón Santiago Alamo

- D. Xavier Troitiño Martínez

 

* * * * * * * * * * * * * * *

 

 

 

EXAMES DE PENDENTES

CURSO 2014-2015

 

  Xa se publicou o calendario de exames para os alumnos que cursan estudios de E.S.O. e bacharelato no Centro e teñen materias pendentes do curso anterior.

  O cuadro cos días e horas dos exames de ditas materías pode consultarse pinchando no seguinte enlace ou no taboleiro de anuncios do Centro.

  O días e horas en que terán lugar os exames de cada materia en particular, son es que están establecidos para o Departamento ó que perteñece a materia en cuestión e que figuran no cuadro reseñado.

  Para calquera dúbida consultar coa xefatura de estudios.

 

* * * * * * * * * * * * * * *

 

 

 

HORARIOS DE VISITAS DE PAIS

CURSO 2014-2015

 

  Pinchando aqui pódense consultar os días e horas que os titores de cada curso teñen establecido para recibir ós pais dos seus alumnos.

 

* * * * * * * * * * * * * * *

 

 

 

Distribuir contido