Skip to Content

AXUDASLE. Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente. (info3)


 

AXUDASLE: Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación.

Estimadas familias,

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos infarman aos centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968 

Ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir do 23 de abril (fin de prazo 8 de maio), para que as persoas solicitantes que figuran na listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación fagan entrega da documentación que se lles require.


 



page | by Dr. Radut