Skip to Content

Comunicado ANPA

Estimados socios e socias:

Poñémonos en contacto con vos para comunicar a necesidade de formar unha nova xunta directiva para a Anpa As Brañas.

Ao remate deste curso 23/24 tres dos actuais membros deixaremos os nosos cargos.

Foron catro anos de colaboración e participación na actividade do centro, algún deles especialmente complicados como os da pasada pandemia e cremos que chegou o momento do relevo, de que o IES Isaac Díaz Pardo conte cun proxecto novo na Anpa que poida aportar novas ideas.

Os que estean dispostos a afrontar este reto, pregámoslles que se poñan en contacto con nos o antes posible para comentar o  procedemento e os pasos a seguir.

Antes de que remate o curso, convocaremos unha asemblea co  fin de aprobar unha modificación dos estatutos que axude a simplificar a formación do equipo directivo desta asociación e a elección da nova xestora da Anpa As Brañas, para que poida facerse cargo dende o inicio do novo curso.

No caso de non conseguir una nova directiva, verémonos obrigados á disolución da asociación xa que non habería membros bastantes para formar o equipo necesario, polo que pregamos a vosa colaboración para manter un elemento tan importante da comunidade escolar.

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

Anpa As Brañas



page | by Dr. Radut