Skip to Content

Complementarias

Programa de radio no Día das Letras Galegas

Álbum: CURSO 2023/24 -> Programa de radio

Dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2024 o 16 de maio emitiuse desde a biblioteca do instituto o programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña Cadena Ser dedicado a Luísa Villalta. Alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato colaborou facendo lecturas sobre a súa vida e de diversos textos da súa obra e incluso aportando algunha peza musical.

Homenaxe a Luísa Villalta

Álbum: CURSO 2023/24 -> Homenaxe a Luísa Villalta

O 13 de maio tivemos na biblioteca do Isaac Díaz Pardo un acto de homenaxe á figura de Luísa Villalta, antiga profesora do noso centro. Ademais de presentar a guía didáctica feita por profesorado e alumnado, o acto contou coa presenza e as palabras de familiares da homenaxeada; de Benito Portela, alcalde do Concello de Sada, e membros da corporación municipal; de María Dolores Sanchez Palomino, académica de número da Real Academia Galega; e da nosa directora María Sol Doval. O acto rematou coa interpretación duns poemas de Luísa versionados polo músico local Paris Joel.

II Olimpíadas de Teleco

Novo éxito nas II Olimpíadas nacionales de Telecomunicacións. Candela Naya López, alumna de 2º de Bacharelato conseguiu o terceiro posto da categoría individual da fase local. Recibiu o premio este venres en Vigo, de mans de Benito Paz, CTO de Televés. Parabén Candela.

Actividades complementarias de maio

- Día 2: Taller de educación afectiva e sexual. (2º ESO)

- Día 8: Participación na fase nacional das Olimpiadas de Teleco (1º Bach)

- Día 9: Visita á Escola de Camiños e ao CITEEC. (4º ESO)

- Días 9, 10: Actividade Reserva da Biosfera: Debuxando a natureza. (1º ESO)

- Día 10: Visita polo contorno para o observación da súa flora. (1º Bach)

- Día 10: Charla da escritora Esperanza Mariño. (1º Bacharelato)

- Día 10: Visita a Pontedeume. (3º ESO e 4º PDC)

- Día 13: Obradoiro de creación lírica. (1º ESO)

- Día 13: Acto institucional sobre Luísa Villalta.

- Día 15: Celebración do día das Letras Galegas no paraninfo da UDC.

- Día 16: Emisión en directo da Cadena Ser desde o instituto.

- Día 20: Concerto de París Joel. (4º ESO)

- Día 20: Rafting. (1º Bacharelato)

- Do 27 ao 31: Semana da ciencia.

- Día 28: Visita á fábrica de Bonilla. (1º Bacharelato)

- Día 30: Xornada de elaboración e degustación de crêpes. (2º ESO)

- Día 30: Surf. (1º ESO)

- Día 31: Campaña contra a basuraleza: limpeza da praia de Sada. (4º PDC)

II Olimpíadas de Teleco

Éxito en Vigo do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato nas II Olimpíadas de Teleco, na modalidade equipos co seu proxecto LixoAndGo, que conseguiu o primeiro premio, quedando clasificado para representar a Galicia na fase nacional.
LixoAndGo é un punto limpo portátil e automatizado que permite facilitar ao usuario o depósito de residuos axudando a evitar a contaminación.

Concurso literario

O 23 de abril o Departamento de Lingua Castelá e Literatura entregou os premios do V Concurso Literario en conmemoración do día do libro.

Os premiados con cheques para a compra de libros foron:

- Categoría 1º, 2º e 3º ESO: Mateo García (1º premio) e Olga Rey (2º premio).

- Categoría 4º ESO e Bacharelato: Jimena Soutiño (1º premio) e Sául López (2º premio).

Día da Educación Física na Rúa

O 17 de abril celebramos o Día da Educación Física na Rúa 2024, este ano co lema "Educación Física e saúde mental", con distintas actividades lúdico-recreativas que tiveron lugar no paseo marítimo de Sada. Na xornada participou o alumnado de 1º ESO do noso centro xunto co dos outros centros educativos da nosa localidade: CEIP O Mosteirón, CEIP Pedro Barrié de la Maza, IES O Mosteirón e CEIP Sada y sus Contornos. A actividade contou coa colaboración do Concello de Sada na súa organización e a participación de distintos clubes deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada, Club Salvamento Sada, Sadanza e Karts Manolo.

Olimpiada de Camiños

Alumnado de 2º de ESO participou o pasado venres 12 de abril na fase local da VI Olimpíada de Enxeñería de Camiños Canais e Portos. Aínda que non conseguiron a vitoria, os dous equipos obtiveron moi boa puntuación superando retos relacionados coas construcións civís.

Actividades complementarias de abril

- Do 3 ao 9: Concurso de derivadas. (2º Bach)

- Día 4: Roteiro Rosaliano. (1º Bach)

- Días 4 e 5: Programa de sexualidade e autocoñecemento. (3º e 4º ESO)

- Do 5 ao 12: Recepción de alumnado dentro do intercambio de francés. (4º ESO e 1º Bach)

- Do 5 ao 14: Viaxe a Hamburgo dentro do intercambio de inglés. (2º ESO)

- Día 9: Clases sen fume. (1º ESO)

- Días 9 e 10: Programa de sexualidade e autocoñecemento. (3º e 4º ESO)

- Día 12: Participación na Olimpiada Nacional de Enxeñería de Camiños. (2º ESO)

- Do 14 ao 20: Programa de inmersión lingüística "Spring Week" (3º ESO).

- Día 17: Educación Física na Rúa. (1º ESO)

- Día 18: Navega con Rumbo. (1º ESO)

- Días 18 e 25: Taller de educación afectivo sexual. (2º ESO)

- Día 23: Fallo do concurso literario do Día do Libro.

- Día 26: Participación nas Olimpiadas de Teleco. (1º Bach)

- Día 29: Taller de educación financeira. (4º ESO)

- Día 29: Programa de sexualidade e autocoñecemento. (3º e 4º ESO)

- Días 29 e 30: Charlas sobre cultura inglesa.

8 M

Celebramos o día da muller inaugurando unha exposición sobre o papel pioneiro das mulleres na ciencia e na tecnoloxía. Traballo elaborado polo alumnado de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO e a profesora Susana García.

Distribuir contido


by Dr. Radut