Skip to Content

Programa YAM

Xuventude Consciente da Saúde Mental

O IES Isaac Díaz Pardo foi seleccionado como centro de intervención. 

A xuventude que participa en YAM (alumnado que cursa 3º ESO) está convidada a realizar xogos de rol e debater situacións difíciles da vida cotiá traendo ao grupo os temas que lles importan. Estes temas abranguen dende as relacións coas/os compañeiras/os e coas persoas adultas, os cambios de humor que sofren, os sentimentos de tristeza ou como afrontar situacións estresantes.

Durante cinco sesións repartidas en tres semanas o alumnado reflexionará en grupo sobre como se poden sentir nesas situacións e debaten como afrontalas contando co apoio de dous/as adestradores/as adultos/as, e cun material que inclúe pósters, diapositivas, tarxetas para os debates e un pequeno caderniño que lles será entregado para que o garden. 

Premer nos enlaces para para completar  información

YAM - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)

Reunión informativa para familias de alumnado de 3º ESO no centro educativo:

Martes, 28/11/2023, 18:30 horas

 

Actividades complementarias de novembro

Do día 2 ao 23: Programa YAM. (4º ESO)

Do día 6 ao 10: Punto limpo móbil.

Día 8: Visita ao Arsenal e ao Museo Naval de Ferrol. (2º Bach)

Día 13: Charla "Orgullo galego" sobre defuntos e nadal. (1º ESO)

Día 14: Taller contra a violencia da muller. (1º ESO)

Días 13, 14 e 16: Taller de Alcohólicos Anónimos. (2º e 3º ESO)

Día 14: Visita ás instalacións de Applus+. (2º Bach)

Día 17: Charla sobre transplantes e doazón de órganos. (1º e 2º Bach)

Día 24: Conmemoración do Día contra a violencia de xénero.

Durante todo o mes: Torneo de fútbol sala.

Financiamento actividades complementarias

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada colaborou no financiamento das seguintes actividades complementarias realizadas no curso 2022/2023:

Día 13 de xaneiro: Visita á AEMET e o MUNCYT. (2º Bach)

Día 16 de xaneiro: Recollida premio de economía en Santiago. (4º ESO)

Día 2 de febreiro: Visita á Universidade de Santiago (1º Bach)

Día 28 de febreiro: Festival Teatro Grecolatino en A Coruña (4º ESO, 1º e 2º Bach Latín)

Día 12 de xuño: Camiño Mariñán (3º ESO) e Seixo Branco (3º PDC)

Día 15 de xuño: Torneo de rugby (2º ESO)

Día 16 de xuño: Visita ao Parlamento de Galicia (4º ESO)

Letras Galegas 2024

A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta, cadrando co vixésimo aniversario do seu pasamento. 

Luísa Villalta incorpórase ao IES Isaac Díaz Pardo, como docente de Lingua e Literatura Galega, no ano 1991. En diante compaxinaría este labor profesional coa andaina literaria.

 

Apuntamento biográfico

Selección de poemas

Intercambio con alumnado de Hamburgo

Álbum: CURSO 2023/24 -> Intercambio Hamburgo

Do 20 ao 28 de setembro recibimos a visita de alumnado do instituto Eichenschule da cidade alemá de Schiessel, preto de Hamburgo. Ademais de asistir ás clases no horario habitual, levaron a cabo unha actividade con algas e visitaron A Coruña e Santiago de Compostela en excursións organizadas. A súa estancia incluíu o aloxamento con familias de Sada. O noso alumnado de 2º da ESO participante devolverá a visita nos primeiros días de abril.

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada colaborou no financiamento destas actividades.

E-Dixgal. Información para as familias

Club Anime

Club de Xadrez

Cursos gratuítos de capacitación dixital para persoas adultas

A presentación dos cursos realizarase o luns 25 de setembro de 2023, ás 18:15 horas no centro.

 

 

O IES Isaac Díaz Pardo pertence á rede de centros de capacitación dixital. O obxectivo destos centros é formar en competencia dixital básica á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego.

 

Os cursos de formación son de 30 horas e están subvencionados polo Fondo Social Europeo, polo que son gratuítos. Con estos cursos poderán acreditarse unidades de competencia de cualificación profesional.

 

Os cursos desenvolveranse na aula de informática do IES Isaac Díaz Pardo, a partir do mes de setembro en horario de tarde con grupos de 12 a 15 persoas.  O principal obxectivo é aprender a manexar internet e dispositivos electrónicos como móbiles ou tablets e tratarán temas como compras por internet, correo electrónico, uso da nube, búsqueda de emprego, redes sociais, creación de videos, firma dixital...

 

As persoas interesadas deberán completar a enquisa dispoñible no seguinte enlace.

Enquisa cursos gratuítos de capacitación dixital

 

A inscrición realizarase preferentemente mediante formulario ou de forma presencial na Secretaría do IES Isaac Díaz Pardo (horario de 9.00 a 13.30 de luns a venres) durante o mes de setembro.

 

Teléfono: 881 88 09 42

ies.isaac.diaz.pardo@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut