Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Taboleiro

O venres 31 de outubro non é lectivo

O Consello Escolar do instituto decidiu o mércores 22 que os dous días non lectivos do curso 2008/09 serán o 31 de outubro, venres, e o 4 de maio, luns.

Eleccións ao consello escolar 2008

No DOG do 18 de setembro publicouse o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Estas eleccións téñense que celebrar entre os días 24 e 28 de novembro. Nos próximos días publicarase aquí a información precisa para participar nelas segundo decida a xunta electoral. Para consultar a composición actual, no menú O centro vai a Organización->Consello escolar.

Documento de acollida

Este é un documento de acollida ao centro que se lle entregou ao alumnado de 1º no primeiro día do curso. Nel hai información relativa ao centro e á súa organización, xunto cun plano, o calendario escolar, normas, consellos, os servizos que existen, etc. Esta información tamén pode resultar interesante para o resto do alumnado.

Inicio do curso 2008/09

As actividades docentes do curso 2008/09 comezarán o xoves 18 coa presentación do curso ás 12 horas (haberá transporte). As clases comezarán de maneira ordinaria o día seguinte ás 8.45.

Este é o calendario oficial.

Exames de setembro

Este é o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro. Algúns departamentos ofrecen orientacións xenéricas para preparar estas probas.

 

LUNS 1 DE SETEMBRO
 
AULAS

MATERIAS 1º e 2º ESO 3º e 4º ESO
8:45 a10:15 h LINGUA GALEGA GALEGO CASTELÁN
10:15 a 11:45 h LINGUA CASTELÁ GALEGO CASTELÁN
11:45 a 13:15 h MÚSICA MÚSICA
13:15 a 13:45 h SOCIAIS
SOCIAIS
13:15 a 14:15 h CULTURA CLÁSICA
SOCIAIS
       
MARTES 2 DE SETEMBRO
 
AULAS

MATERIAS 1º e 2º ESO 3º e 4º ESO
8:45 a 10:15 h FÍSICA E QUÍMICA - CIENCIAS NATURAIS
10:15 a 11:45 h EDUCACIÓN FÍSICA XIMNASIO
11:45 a 12:45 h PLÁSTICA PLÁSTICA
12:45 a 13:45 h INGLÉS INGLÉS
16:00 a 17:00 h TECNOLOXÍA/S TECNOLOXÍA
17:00 a 18:00 h FRANCÉS FRANCÉS
       
MÉRCORES 3 DE SETEMBRO
 
AULAS

MATERIAS 1º e 2º ESO 3º e 4º ESO
8:45 a 10:15 h BIOLOXÍA E NATURAIS CIENCIAS NATURAIS
10:15 a 11 15 h MATEMÁTICAS MATEMÁTICAS
11:15 a 14:05 h PENDENTES MÚSICA
       
NON HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR

As sesións de avaliación celebraranse o xoves 4; as notas estarán o día seguinte a partir das 12.00 e será entón cando vos poidades matricular.

Lembrade devolver os libros de texto.

Materiais para o curso 2008/09

Publicouse a listaxe de materiais curriculares para o curso 2008/09. Hai que distinguir entre os libros de texto, que son gratuítos, e o material complementario, que non o é.

O alumnado que vaia cursar 1º e 3º xa ten aquí os libros de texto. Para o alumnado que vaia cursar 2º e 4º creouse este ano o "cheque escolar", sobre o que poden obter máis información no instituto ou na páxina web www.educadhoc.es.

 

Formación complementaria en inglés

Plan CUALE: Cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras (inglés).

Entre o 2 de xuño e o 20 de xuño estará aberto no IES Fernando Blanco a preinscrición para estes cursos, que van dirixidos a:

Alumnado que curse 3º de ESO no ano 2008/2009: curso de formación para acadar o nivel A1.

Alumnado que curse 4º de ESO no ano 2008/2009: curso de preparación para acadar o nivel A2.

Documentación necesaria para a preinscrición:

  • Impreso
  • DNI

A matrícula farase efectiva no mes de setembro por orde de preinscrición. Para acceder ao A2 terá prioridade o alumnado que participase no A1 durante o curso 2007/08.

Convocatoria de axudas para participar nun programa de inmersión lingüística organizado polo MEC

No BOE do 13 de febreiro convócanse axudas para asistir a colonias cuxas actividades se desenvolven totalmente en lingua inglesa nalgún lugar de España para alumnos de 1º da ESO.

Actividades de inmersión lingüística no verán

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou 3.700 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no Reino Unido, Irelanda e Francia. Esta convocatoria vai dirixida a alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO que aprobasen a lingua estranxeira no curso 2006-2007e que non teñan outras axudas similares durante este curso. Para 1º da ESO hai 500 prazas en España.

A duración da estancia no estranxeiro será de 3 semanas. O custo por curso para a familia é de só 100€, xa que a Consellería financia os gastos completos da viaxe, monitor/es acompañantes, gastos de docencia (de 15 a 20 horas semanais) e materiais, actividades complementarias (culturais, deportivas...), gastos de mantenza e aloxamento, certificado de realización da actividade e seguro.

Necesitaredes o código do noso centro, que é o 15027885.

Distribuir contido


by Dr. Radut