Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Taboleiro

Fin de curso 2014/15

O final do curso 2014/15 organízase da seguinte maneira:

  • As actividades lectivas rematan o venres 19. Ese día e o anterior realizaranse actividades especiais pero no horario habitual, que inclúen unha subida á Moa o xoves e as II Olimpiadas do Lamas de Castelo o venres.
  • As cualificacións seranlle entregadas a cada grupo o martes 23 ás 11:00 na aula de titoría; as cualificacións non recollidas serán enviadas por correo ese mesmo día. Non hai transporte escolar. O alumnado que aprobe materias para as que gozase de axuda para a adquisición dos libros de texto deberaos devolver ese día ou o seguinte, segundo a circular que se enviou hai unha semana. O proceso de devolución pode demorar, pois é a primeira vez que se realiza e non se sabe canto se ha de tardar por alumno/a.
  • O prazo de reclamacións comeza nese momento e esténdese até ás 10:00 do xoves 25. As resolucións ás reclamacións resólvense ese mesmo día.
  • Durante o mes de xuño, despois do remate das clases, o horario de secretaría será de 9h a 14h. En xullo será de 10h a 13h.

Borrador das Normas de organización e funcionamento

O IES Lamas de Castelo está redactando as normas de organización e funcionamento, un documento no que se aclaran cuestións que afectan á vida escolar, como a custodia do alumnado, o control da asistencia e da puntualidade, a convivencia, o uso das instalacións, etc. Cómpre que as familias participen neste proceso, co obxecto de que resulte un documento compartido por toda a comunidade educativa.

No documento adxunto poden ler un borrador, que será presentado ao Consello Escolar en xuño para a súa aprobación. Pode facer chegar as súas consideracións ou emendas ao correo electrónico do centro mediante o modelo de alegacion que se facilita. As familias tamén poden facer chegar as súas suxerencias a través da representante no Consello Escolar. O prazo de presentación de alegacións remata o 1 de xuño.

Días non lectivos do curso 2014/15

O venres 31 de outubro non é lectivo. Foi declarado Día do Ensino pola Consellería.

Os días non lectivos deste curso son o 3 de novembro (luns) e 4 de maio (luns). A decisión foi adoptada polo Consello Escolar o 27 de outubro.

Inicio do curso 2014/15

Entrega de notas do curso 2013/14

As notas serán entregadas o luns 8 ás 11:00 (non hai transporte escolar). Nese momento abrirase o prazo de reclamacións, que serán resoltas o mércores 10.

Recórdase que o luns 8, como moi tarde, hai que ter devoltos os libros que se prestasen durante o curso.

Inicio das actividades lectivas

A presentación será o luns 15 ás 12:00. Haberá transporte escolar. As clases comezarán no horario habitual o martes 16.

 

Materiais curriculares para o curso 2014/15

Libros de texto e materiais curriculares para 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 3º de ESO (PDC) · 4º de ESO

(Se estes documentos non se dan aberto no navegador, descárgaos primeiro no ordenador e ábreos cun lector de PDF).

Para este curso, como novidade, hase requirir ter unha memoria tipo USB na que poder gardar ou entregar traballos. A normativa que regula as axudas este ano introduce algunhas novidades que convén coñecer. Ademais destas axudas, o IES Lamas de Castelo prestará algúns libros de texto para determinadas materias; a información sobre estes libros darase a comezos de curso en cada materia.

Fin de curso

O final do curso 2013/14 organízase da seguinte maneira:

  • As actividades lectivas rematan o venres 20. Ese venres e o xoves anterior realizaranse actividades especiais pero no horario habitual.
    • Para algunhas materias prestáronse os libros de texto a principios de curso. Este día tenos que devolver o alumnado que xa saiba que aprobou esas materias en xuño.
  • As cualificacións seranlle entregadas a cada grupo o luns 23 ás 11:00 na aula de titoría; as cualificacións non recollidas serán enviadas por correo ese mesmo día. Non hai transporte escolar. O alumnado que aprobe as materias para as que se prestasen libros de texto deberaos devolver ese día.
  • O prazo de reclamacións comeza nese momento e esténdese até ás 10:00 do mércores 25. As resolucións ás reclamacións resólvense ese mesmo día.
  • Durante o mes de xuño, despois do remate das clases, o horario de secretaría será de 9h a 14h. En xullo será de 10h a 13h.

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Hai información sobre as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio convocadas para 2014 nesta páxina.

Segunda avaliación

A segunda avaliación do curso 2013/14 realizouse o mércores 2 de abril e as cualificacións entregaranse o venres 4 ao remate das xornadas culturais que ocupan os días 2, 3 e 4 de abril.

As vacacións de primavera comezan o sábado 12 e as actividades docentes retómanse o martes 22.

Días non lectivos do centro para o curso 2013/14

O Consello Escolar do IES Lamas de Castelo, reunido o 28 de outubro, propuxo como días non lectivos do centro para o curso 2013/14 os dous seguintes:

  • Luns, 9 de decembro de 2013
  • Venres, 2 de maio de 2014
Distribuir contido


by Dr. Radut