Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Taboleiro

Horario de secretaría - Verán de 2010

Xuño

  • De 09.00 h. a 14.00

Xullo

  • De 10.00 h. a 13.00
  • A biblioteca está aberta ao préstamo

Agosto

  • Fechada

Matrícula para o curso 2010/11

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 10 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  • Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo a mediados de xuño; tamén é válida para matricularse en setembro.
  • Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo a mediados de xuño.
  • Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.

1º de ESO

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Libro de familia

3º e 4º de ESO

  • 1,12 euros para o seguro escolar

Fin de curso 2009/10

Este é o calendario de fin de curso:

  • 23 de xuño - Remate das clases
  • 25 de xuño, 11 h. - Entrega das notas. NON HAI TRANSPORTE ESCOLAR.
  • Até o 29. - Período de reclamacións
  • 30 de xuño - Resolución das reclamacións

O IES Lamas de Castelo participará na primeira fase do proxecto Abalar

O noso instituto foi seleccionado para participar na incorporación de portátiles para o alumnado no curso 2010/11. Cada alumno/a de 1º de ESO disporá dun portátil (que non poderá levar a casa) e as familias poderán acceder a información específica nun portal web que se creará con este fin.

Hai máis información aquí e aquí.

Festivo do Día das Letras 2010

O luns 17 de maio, Día das Letras, é festivo oficial. O martes 18 é día non lectivo no IES Lamas de Castelo.

Exames de pendentes

Os exames de pendentes terán lugar entre os días 10 e 14 de maio. Este é o calendario.

Xornadas culturais 2010

As xornadas culturais do curso 2009/10 terán lugar na semana do 3 ao 7 de maio. O xoves e venres coincidirá co intercambio co IES de Tomiño.

Programación

  • 1ºA
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 2ºA
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 2ºB
    • O obradoiro de compostaxe do luns pasa para o venres. No seu lugar haberá clase normal.
  • 3ºA
  • 4ºA
  • 4ºB

Gripe A. Suspensión do rexistro de ausencias

O venres 16 de abril a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria informou de que, dado o estado actual da epidemia de Gripe A, que se atopa nunha situación estable cunha incidencia por debaixo do nivel basal, adoptou, conxuntamente coa Consellería de Sanidade, a decisión de suspender en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia o rexistro diario de ausencias de alumnos e alumnas previsto no protocolo de actuación habilitado ao efecto.

Concerto pro excursión de 4º - Xoves 11 de marzo

Concerto pro excursión de fin de etapaO xoves 11 de marzo a partir das 19.30 haberá un concerto para recadar fondos para a excursión de fin de etapa, que este ano será a Londres os días 9 a 14 de abril. Este concerto está organizado en colaboración coa Escola Municipal de Música de Carnota.

Celebrarase no salón de plenos do Concello de Carnota, a aportación será de 3 euros (menores de 12, gratis) e tamén se sorteará un reprodutor de música. Ademais das actuacións musicais representarase tamén unha obra de teatro.
Programa do concerto

Tritorneo deportivo profes / 4º de ESO

Xoves 11 ás 18.00, no Pavillón Municipal de Lamas de Castelo

En beneficio da excursión de 4º de ESO xogaron unha selección de alumnado de 4º de ESO fronte a unha de profes e pais.

Resultados

  •  Baloncesto:
Profes/Pais 16 - Alumnado 2
  •  Ping-pong:
Gañador: Iván Maceiras
  •  Fútbol sala:
Profes/Pais 7 - Alumnado 5

Distribuir contido


by Dr. Radut