Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Animación á lectura

Recomendacións de lectura: decembro 2018

Quen quere ler un pouco nestas vacacións?

Children reading The Grinch.jpg

Como indicamos no título, por que non aproveitar este tempo de vacacións para deixarse acompañar por unha boa lectura... Entón, botádelle un ollo ao noso boletín de decembro, que ten material para todos os gustos!!

Quen sabe, seguro que moitas e moitos xa están a adiantar as lecturas do seguinte trimestre!Guiño


Velaquí a ligazón para o tríptico. Boa lectura!!

 

Nenos lendo o libro De cómo el Grinch robó la Navidad, del Dr. Seuss.

Foto de scbailey via Flickr. CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org

 

 

 

 

 

Recomendacións de lectura: xaneiro 2018

Voltamos de novo cun boletín de novidades elaborado polo alumnado de ITI. Este mes é o grupo de 1ºA o encargado de buscar o material e redactar as recomendacións lectoras. Hai libros variados: novelas e fantasía; libros de consulta monográficos, banda deseñada e cine. Para ler, mirar e gozar!

Este é o noso boletín de xaneiro 2018.

Recomendacións de lectura: decembro 2017

Este mes é o alumnado de ITI de 2ºA quen se encargou de buscar o material e redactar as recomendacións lectoras. 

Dado este tempo de vacacións, que mellor que deixarse acompañar por unha boa lectura, ou incluso una película orixinal, ou adaptación do libro!

Velaquí a ligazón para o tríptico. Boa lectura!!

 

Recomendacións para o Verán 2016

Achéganse as vacacións e con elas moito tempo libre para descansar e recargar forzas. Mais, sempre se pode atopar un oco para ler, escoitar música, aprender novas cousas...

Aquí vos deixamos algunhas das posibilidades para este verán, neste tríptico de recomendados.

Felices vacacións!

Lemos poesía

Calquera ocasión é boa para ler, pero estes días andamos ás voltas coa poesía. A vindeira semana celebramos o Día da Poesía no instituto e é un motivo máis para volver a este xénero. Na biblioteca temos moitos e variados títulos de poesía. Podedes consultar algúns aquí.

Este ano o  Día das Letras Galegas está dedicado a Manuel María, un dos máis destacados poetas galegos do século XX. Tedes aquí unha breve escolma da súa obra. E se queredes escoitar algúns dos seus poemas musicados tamén temos algúns na biblioteca ou na páxina da Casa Museo Manuel María.

Moi interesante tamén para coñecer a súa vida, esta liña do tempo, elaborada no IES San Paio de Tui a quen lle agradecemos o feito de compartila. Graciñas!

Boletín especial xaneiro 2016

ImagesCAW9N5BU.jpgO alumnado de 4ºPDC quere estrear o ano facéndovos unha serie de recomendacións persoais de materiais que podedes atopar dispoñibles para préstamo na nosa Biblioteca. Animádevos, ide pola Biblioteca a collelos, e pasádeo moi ben con eles!

Tríptico especial xaneiro 2016. 4ºPDC

 

 

 Imaxe orixinal de Jadson José. Licencia CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons

Recomendacións para o Nadal 2015

Aquí tedes o último boletín de recomendacións de lectura deste ano. Son moitos días de vacacións e podedes aproveitar para ler, escoitar música...

Boas vacacións!

Revistas dixitais en galego

No curso pasado informabamos do nacemento dunha Revista dixital de Literatura infantil e xuvenil, Criaturas que continúa achegándonos ás novidades máis destacadas dese eido.

Con este curso chega outra revista dixital de grande interese, en galego, unha revista cultural, Revista Tanxente. Nesta nova publicación podedes consultar artigos relacionados coa música, os deportes, as artes, a historia...

Recomendacións para o verán 2015

Chegan as vacacións tan desexadas e merecidas e con elas o tempo libre. Se queredes aproveitar para ler, aquí vos deixamos o último boletín de recomendacións deste curso.

Recomendacións para o Nadal 2014

Aquí tedes o último boletín de recomendacións para estas vacacións. Nel atoparedes materiais variados e tamén recomendacións cinematográficas.

Boas vacacións!

Distribuir contido


by Dr. Radut