Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Animación á lectura

Lois Pereiro

Temos na biblioteca algúns dos títulos publicados por Lois Pereiro, poeta de Monforte ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas. Se queredes saber máis sobre este poeta tecleade aquí.

Como sabedes, todos os venres emitimos un programa de O Son da Biblioteca e podedes escoitar aquí o que lle dedicamos a facer un repaso pola vida, a obra e pola música da súa vida.

Tamén podedes escoitar cinco poemas seus recitados polo seu irmán e catro amigos. A montaxe do vídeo foi feita no CPI os Dices de Rois e o CPI de A Baña a quen lle agradecemos o traballo.

 

Se queredes coñecer os seus gustos musicais e a influencia que tiveron na súa obra, recomendámosvos a lectura deste artigo publicado no Xornal de Galicia. Nel tamén tedes unha selección musical en mp3.

Feito polas mulleres

Chega o 8 de marzo e con el o Día da Muller Traballadora e, como mulleres traballadoras que somos, propoñémosvos conmemorar a data coñecendo máis a obra de moitas mulleres que no pasado ou na actualidade van facendo máis visible o noso traballo.

Escollemos para ilustrar esta páxina unha obra da artista galega Maruxa Mallo titulada "Sorpresa del trigo" que foi pintada no ano 1936 e que é unha das súas obras máis coñecidas.

A continuación, presentamos unha pequena mostra dos materiais que podedes atopar na biblioteca:

Ensaios:

  • Olimpia De Gouges / Olivia Blanco Corujo.  Madrid, Ediciones del Orto, 2000
  • Victoria Kent / Mª Dolores Ramos. Madrid, Ediciones del Orto, 1999
  • Me llamo-- Marie Curie / Texto Lluís Cugota. Barcelona, Parramón, 2005
  • Marie Curie / Margarita León Carmona. EDIMAT, 2005
  • Hipatia, la maestra / Florenci Salesas. Madrid, El Rompecabezas 2009
  • Fíos violeta. Convivir en igualdade / María Hermelo Iglesias. Santiago, Xunta de Galicia, 2010
  • Día internacional da muller. 8 de marzo : ... e libre o meu pensamento. Ferramentas para a docencia / Carme Fouces, Celia Armas García, Laura Estévez Caride, Mª Pilar García Negro, Marta Dacosta Alonso, Xulia Rodríguez Bravo. Santiago de Compostela, CIG-Ensino, 2008
  • Grandes mujeres. El lado femenino de la historia / Teresa Vallbona. Barcelona, Océano, 2010
  • Rosas y espinas : álbum de las españolas del siglo XX / Ángela Carmona. Barcelona, Planeta, 2004
  • Mujeres, manzanas y matemáticas : Entretejidas / Xaro Nomdedeu Moreno. Madrid,  Nivola, 2000
  • Otma Nicolaievna: As catro grandes descoñecidas / Raquel Campos Rico. Vigo, Ir Indo, 2002

Literatura de ficción de muller ou sobre mulleres:

  • A expedición do Pacífico / Marilar Aleixandre. Vigo, Xerais, 2000
  • A cabeza da Medusa / Marilar Aleixandre. Vigo, Xerais, 2008
  • A xeira das árbores / Teresa Moure. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2007
  • Herba moura / Teresa Moure. Vigo, Xerais, 2007
  • A intervención /Teresa Moure. Vigo, Xerais, 2010
  • O club da calceta / María Reimóndez, Vigo, Xerais 2007
  • Berta non soubo voar / Concha Blanco. Santiago de Compostela, Pentalfa, 1995
  • Coa carauta posta / Concha Blanco. Noia, Toxosoutos, 2009
  • Resistencia / Rosa Aneiros. Vigo, Xerais, 2008
  • O xardín da media lúa / Rosa Aneiros. Vigo, Galaxia, 2004
  • Sol de inverno / Rosa Aneiros. Vigo, Xerais, 2009
  • A sombra descalza / An Alfaya. Vigo, Xerais, 2006    
  • Futuro imperfecto / Xulia Alonso Díaz. Vigo, Galaxia, 2010
  • O diario vermello de Carlota /Gemma Lienas. Vigo, Galaxia, 2006
  • El diario violeta de Carlota /Gemma Lienas. Barcelona, El Aleph, 2008
  • El diario azul de Carlota / Gemma Lienas. Barcelona, El Aleph, 2010
  • Amor de tango / Mª Xosé Queizán. A Coruña, La Voz de Galicia, 1992
  • Nylon Road : la vida en Irán, una autobiografía de Parsua Bashi. Barcelona, Norma, 2009
  • Cuatro hermanas / Jetta Carleton ; María Teresa Gispert. Barcelona, Libros del Asteroide, 2009
  • Como saliva en la arena / Klaus Kordon. Madrid, Alfaguara, 2008
  • Me llamo Noyud, tengo 10 años y estoy divorciada / Noyud Alí. Barcelona, Círculo de Lectores, 2010

Cine:

  • Sempre Xonxa / Chano Piñeiro. IB Cinema, 2006
  • Te doy mis ojos / Icíar Bollaín. Manga Films, 2003
  • El color púrpura / Steven Spielberg.Warner Home Video, 2002
  • Tomates verdes fritos / Jon Avnet. Filmax, 1991
  • Persépolis / Marjane Satrapi. DeAPlaneta Home Entertainment, 2007 (animación)


Música:

  • Segredo a voces / Anubía. Boa Music 2001
  • Nova era/ Ialma. IRB/Kerua 2006
  • Susana Seivane / Susana Seivane. Madrid, Boa Music, 1999
  • Universo ao meu redor / Marisa Monte.EMI, 2006
  • Marful /Marful. Producciones Efímeras, 2006

Lemos a Rosalía de Castro

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía e nós celebramos o Día da Poesía, unha boa ocasión para reler a obra desta autora. Tedes unha boa selección de títulos na biblioteca.

Poemarios:

Follas novas
Poesía galega completa I
Antoloxía
Rosalía cos rapaces
Poesía (antoloxía en castelán)
En las orillas del Sar

Poemas musicados ou recitados por distintos autores nestes discos:

Amancio Prada: Rosas a Rosalía
Amancio Prada: Canto a Galicia
Anxo Angueira: Antoloxía recitada
Carlos Núñez: Alborada do Brasil
Carlos Núñez: Todos os mundos
Nao: As palabras espidas
Fuxan os ventos: Noutrora

Abe Rábade Quartet, Guadi Galego, Anxo Angueira: Rosalía 21

E para mostra, aquí vos deixamos: 

"Adiós, ríos; adiós, fontes" cantado por Amancio Prada

"Alborada" no disco Rosalía 21

"A xusticia pola man" na versión de Nao

Memorias dun neno labrego cumpre 50 anos

Neste mes de xaneiro de 2011 estamos de celebración pois o neno máis famoso da literatura galega, Balbino, acaba de cumprir os 50 anos. Balbino, protagonista das Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, está recibindo grandes mostras de cariño e homenaxes variadas por toda Galicia.

Para celebrar tal acontecemento a editorial Galaxia acaba de crear a Biblioteca Neira Vilas na que vai reeditar varias das súas obras e publicar as novas. Esta biblioteca ábrese coa  31ª edición da novela máis lida da nosa historia, novela que ademais vai dedicada " a todos os nenos e nenas que falan galego" e que leva na capa a ilustración feita por Luís Seoane para a 1ª ed. publicada en Bos Aires no 1961.

Outra das homenaxes a Balbino vén da man da editorial Galaxia que publica unha edición conmemorativa dos 50 anos ilustrada por Xaquín Marín e que vai ser presentada o 26 de xaneiro en Santiago.

 

Tamén se suma á celebración Candido Pazó co seu espectáculo "Memoria das Memorias dun neno labrego", que será estreado no Salón Teatro de Santiago de Compostela o venres 28 de xaneiro coa asistencia de Xosé Neira Vilas.  Consultade aquí, onde podedes ver este espectáculo.

Cremos que todo o dito arriba xustifica que vos animemos a ler ou reler outra vez as historias de Balbino, así como outras das obras de Neira Vilas, autor que segue hoxe escribindo e dirixindo a Fundación Neira Vilas

Tedes na biblioteca moitos dos seus títulos e un moi especial, pois leva a súa dedicatoria persoal para todos os usuarios da nosa biblioteca.

Relendo a Castelao

O 30 de xaneiro cúmprense 125 anos do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos persoeiros máis destacados da nosa cultura polo seu labor en moi diversos eidos: artes plásticas, política, literatura...e a federación Galiza Cultura vai renderlle homenaxe en diversas vilas e cidades galegas.

Queremos animarvos a ler ou reler a súa obra. Moitos dos seus libros podedes atopalos na nosa biblioteca

 

Precisas axuda para ler?

Estamos de volta un curso máis e queremos animarvos a pasar pola biblioteca e a gozar coas novas lecturas que van chegando periodicamente.

Sabemos que quedan algunhas persoas que non se atreven coa lectura, que lles resulta complicada, que non lles gustan os libros, que non os entenden... mais para eses, para os que non vos atrevedes, temos un novo manual de axuda:

 

Marilar Aleixandre nomeada "Escritora na súa Terra"

A escritora Marilar Aleixandre foi homenaxeada o 5 de xuño de 2010, pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nesta festa foille entregada a Letra E que a nomea como Escritora na súa Terra, premio que entrega cada ano esta asociación a un autor en galego. Desde aquí tamén lle mandamos os parabéns polo recoñecido premio.

Moitos de vós xa coñecedes algunhas das súas obras e agora xa tedes un motivo máis para repasar algún dos seus títulos ou achegarvos por vez primeira á súa obra. Xa sabedes que na biblioteca temos moitos dos seus libros. Se queres saber cales, preme aquí.

O caso do libro desaparecido

Presentamos un vídeo elaborado polo Ministerio de Educación e colgado no portal Leer.es que nos anima a ler. Un vídeo que nos serve para formación de usuarios así como para animarvos a descubrir enigmas por medio da lectura.

Gústache ler?

Se es dos que gozan coa lectura e coas novas tecnoloxías, escoita as novas tendencias:

 

Anisia Miranda

Unha das voces máis tenras da nosa literatura infantil, Anisia Miranda, deixounos o xoves 22 de outubro. Todos os que lemos os seus Mitos e lendas da vella Grecia,  a súa Pardela amiga, Os contos do Compay Grilo, A casa dos títeres, as Cantarolas e os contos prá xente miúda... sentímonos un chisco orfos. Tamén todos aqueles que puidemos compartir con ela o amor pola lectura, pola lingua e polas dúas queridas patrias, a cubana e a galega.

Anisia sempre tivo moi presente o punto de vista dos nenos e das nenas, polo que sempre escribiu pensando neles. En Cuba, exercendo a súa profesión de xornalista, foi cofundadora e xefa de redacción das revistas infantís Zunzún e Bijirita, revistas pensadas para os máis pequenos.

Cando se instalaron en Galicia, en Gres, a parroquia natal do seu compañeiro de vida Xosé Neira Vilas, xuntos crearon o Premio Estornela de teatro e  o Premio Arume de poesía para nenos e nenas, premios convocados desde o ano 2000 pola Fundación Neira Vilas, da cal era vicepresidenta.

Animádevos a ler a súa obra e poderedes seguir dialogando con ela!

Anisia, boa viaxe e moitos bicos con mel!

Distribuir contido


by Dr. Radut