O IES Laxeiro participa na II Liga galega de debate

Un equipo do IES Laxeiro participou do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro na II Liga Galega de Debate.

O equipo estaba formado polos alumnos de 1º BAC: Fátima Mosteiro, José
Manuel Poza, Sonia Reboredo e Marcos Vilas, coordinados polo profesor
Manuel Igrexas. 

Fátima expoñendo

A pesar da baixa no último momento de Sonia Reboredo (por unha lesión) o equipo tivo unha actuación brillante: Fomos os primeiros do noso grupo na Fase preliminar (gañamos os tres debates nos que participamos) a pesar de contar só con dous membros do equipo.
Na Fase Final pasamos a primeira eliminatoria (oitavos de final) e fomos derrotados en cuartos de final polo equipo do IES de Mos.

En definitiva, quedamos entre os oito mellores equipos de Galicia. Unha magnífica actuación. Parabéns para os nosos oradores e a preparar a Liga do próximo ano...