O IES Laxeiro participa no proxecto Erasmus+ "Tunnel of time"

O IES Laxeiro foi seleccionado para desenvolver, en calidade de socio, un proxecto de aprendizaxe e mobilidade Erasmus+ para o persoal docente e alumnas e alumnos do centro durante os próximos cursos 2017/18 e 2018/19. O proxecto, titulado Tunnel of time, conta con financiación da Comisión Europea e foi escollido logo dun complexo proceso de avaliación por parte da axencia nacional finesa, país que actúa como coordinador.

O proxecto conta coa participación de profesores e estudantes dos seguintes centros:

Tunnel of Time nace coa idea de impulsar la adquisición de habilidades e competencias de calidade así como favorecer a interculturalidade, a inclusión social e o multilingüismo. Este proxecto inclúe unha serie de actividades a realizar en cada centro e en coordinación e comunicación cos socios así como reunións periódicas cos profesores e alumnos dos outros centros.

O proxecto aborda dous temas principais: a igualdade entre homes e mulleres e as habilidades necesarias no traballo hoxe en día e no futuro, ambos vistos desde unha perspectiva interxeracional tratando de percibir como teñen cambiado co paso do tempo. Para iso os alumnos e alumnas van contar coa colaboración dos residentes e persoal da residencia As Dores e do profesoras e rapaces e rapazas de Educación Infantil do CEIP M. Rivero.

Paises participantes

 

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte para o período 2014-2020. Erasmus+ é un programa integral, non só universitario, que inclúe todas as etapas educativas, desde a educación escolar ata a formación permanente de adultos.

Erasmus+ é o programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e mocidade a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

 

AdxuntoTamaño
Presentación Tunnel of Time.pdf4.03 MB