Visita á residencia As Dores no marco do proxecto Tunnel of Time - Erasmus+

No día de hoxe visitamos a residencia As Dores, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. Unha toma de contacto dentro deste proxecto de colaboración cos tres países socios, Finlandia, Francia e Turquía. As actividades do proxecto levaranse a cabo dun modo parello nos tres países para logo compartir as experiencias. Xa que vivimos nun mundo cada vez máis interconectado, globalizado, onde cada vez nos movemos máis, é importante coñecer outras culturas, outras linguas e adquirir habilidades sociais, para a vida. Somos cidadáns europeos que temos ou teremos a posibilidade de traballar e vivir noutros países.  E por iso queremos cooperar con xente doutros países pero tamén con persoas do noso pobo, de diferentes idades, achegándose a cultura e valores propios. Coñecer á residencia e os seus residentes é un primeiro paso.
A experiencia que teñen acumulado os nosos maiores supón unha achega significativa para analizar como as habilidades necesarias no mundo laboral teñen evolucionado. O papel das mulleres nese mundo laboral e na vida en xeral tamén en cambiado e eles pódennos contar como ten cambiado. E que todo iso nos poida servir para un futuro proveitoso.
Unha alegre presentación cun colofón musical onde os nosos alumnos e alumnas e o coro d’As Dores intercambiaron e compartiron populares pezas musicais. Grazas pola colaboración e acollida!