Visita e contacontos no CEIP Manuel Rivero

Alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro, moitos deles membros do Club de Lectura do centro, visitaron hoxe as aulas de Educación Infantil do CEIP Manuel Rivero, no marco do proxecto Tunnel of Time. Hoxe levaron a cabo unha amena actividade introdutoria cos nenos e nenas de Educación Infantil do M. Rivero. Nunha sesión de contacontos, o alumnado do IES Laxeiro púxolle voz a contos e historias ilustrados que atentamente escoitaron os máis de 70 cativos e que supón o prefacio para próximas actividades conxuntas, na que contan tamén coa inestimable colaboración das profesoras do colexio.
Todas estas experiencias serán postas en común entre os estudantes dos distintos países e servirán para reflexionar e debater arredor dos temas do proxecto de cooperación. Proximamente, alumnado do IES Laxeiro visitará Marmara Ortaokulu (Tekirdağ, Turquía) e en maio está prevista unha visita a Lalín dos estudantes dos tres países que integran a asociación.