Nova Dotación para o Ciclo Superior de Mecatrónica, un ROBOT INDUSTRIAL de ABB!

Neste curso 2018-2019, o noso centro centro IES Laxeiro, recibiu un Equipamento Didáctico por parte da Empresa ABB (Asea Brown Boveri, SA) dun Robot Industrial modelo IRB120, con controlador IRC5C de 2ª generación, con Estación de Traballo, con soportes e software RobotStudio e RobotWare.

Na semana pasada (05 ao 09 novembro) rematou o curso de formación inicial de 20 horas para a posta en marcha do Robot Industrial ABB modelo IRB120. Permitiu ter unha visión xeral do Robot e do seu Controlador IRC5C, coñecer as Normas de Seguridade, os distintos Sistemas de Coordenadas, as distintas ferramentas e útiles que se poden empregar, executar programas básicos, saber verificar a posición de calibración, realizar copias de seguridade... e por suposto da necesidade de crear un Grupo de Traballo para profundizar e avanzar no seu emprego didáctico.   

O valor económico de esta nova dotación ten un precio de mercado sobre os 20.000 euros no ámbito industrial. Esta é unha iniciativa que reforza o Ciclo Superior de Formación Profesional de Mecatrónica do noso centro. Un módulo mais de formación sobre maquinaria e instalacións industriais.

É e será unha nova proxección cara o futuro de formación para o noso alumnado.

Temos un vídeo demostrando os seus primeiros pasos e outro vendo a simulación!