VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.

A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.

Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.