Club de Ciencia

Aínda que sempre tiñamos a ciencia presente no noso centro... Foi no curso 2018/2019, no que se "funda" o Club de Ciencia! Con Marina Pardal Varela a nosa Coordinadora. Promocionando iniciativas STEM ( Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñerías e Matemáticas)

Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.

Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.

Acceder ao documento --> estudio científico

 

Seguridade nas aulas en tempos de COVID.

O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de COen aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.

Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf

 

Resultados do Estudo de Ventilación das Aulas do noso centro.

Xa temos resultados sobre o Estudo de Ventilación das Aulas do noso centro IES Laxeiro.

Tanto por parte das/os "científicas/os" do Club de Ciencias do IES Laxeiro coma do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela coincidimos na necesidade de ventilar as nosas aula. En canto as pautas, en resumo, é preciso ventilar dúas veces uns quince minutos en cada hora. E no mellor dos casos, tan só é preciso ventilar uns cinco minutos en cada hora.

 

No documento adxunto temos as pautas recomendadas para todas as aulas do noso centro [Informe do día 3/3/2021]. Ver Documento -> PDF

As/Os nosas/os científicas/os fixeron as medicións de todas as aulas, recollendo datos de experimentación, da orientación das aulas, do número de fiestras, da súa situación ante as condicións meteorolóxicas… Igualmente, estiveron facendo medicións de niveles de CO2 en ppm ao longo das sesións de clase. Observaron como ao manter a ventilación da aula os valores se podían manter en situacións de baixa vulnerabilidade para a situación do COVID-19. Claramente, observaron como ao pechar portas e fiestras rápidamente se cargaba o ambiente. Nas gráficas obsérvase os picos que corresponde a esas situacóns coma de cando se realizaban tarefas de limpeza con sustancias hixienizantes (alcoholes e lexivias). Tamén se observa claramente como nos periodos dos recreos onde se aproveita para ventilar, se recupera as mellores condicións do aire das aulas.

 

Queda agora axustar "científicamente" o tempo de ventilación de cada aula para manter o confort axeitado para a práctica educativa. As/Os nosas/os ciéntificos seguen a traballar...

O alumnado participante é dos cursos de 4ºESO B e de 2ºESO C.

O Proxecto está a ser titorizado por os profesores do Departamento de Bioloxía – Conchi e do Departamento de Tecnoloxía - Diego e Jorge.

O Equipo de Física da USC que desenvolveu en consorcio coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia é dirixida por os Catedráticos Jorge Mira y Alberto Pérez Muñuzuriz. Por parte de MeteoGalicia, Mari Luz Macho subdirectora de Meteorología y cambio climático. Y con presencia de Vicente Pérez Muñuzuriz (Vicerrector d lnnovación e Investigación científica da USC,  e Román Rodríguez Conselleiro de Educación   ->  Ligazón do Acordo

Ligazón a aplicación Web -> https://ventilacion.usc.es/

 

Mostra do comportamento da calidade do aire e dos periodos de ventilacións na Aula de 4º ESO B.

Corresponde a monitorización do CO2 do 12 de febreiro de 2021.

Se facedes Click na imaxe, podedes consultar o monitoreo de CO2 en tempo real. só se mostran os  últimos 300 datos -(feeds)- 

Empregouse un medidor experimental, baixo a "filosofía ARDUINO", cun microcontrolador ESP32, dous sensores un analógico (MQ-135) e outro digital (CCS811) e con monitoreo na nube por parte de Thingspeak.

Proxecto Club de Ciencia - Medidor de CO2 na Aula -> aplicación IoT Internet das Cousas - Terceira Parte

Terceira Parte: Estamos probando o monitoreo do medidor  con  dous sensores de CO2 a par de outro medidor comercial. O rexistro de medidas do medidor comercial é manual con científicos de campo, son os propios alumn@s de 2º ESO C!

O sensor está na aula de 2º ESO C. As medidas son as últimas 300... en tempo real! 

 

 

Na vindeira semana, publicaremos as nosas impresións...

Proxecto Club de Ciencia - Medidor de CO2 na Aula -> aplicación IoT Internet das Cousas - Segunda Parte

Segunda Parte: Estamos probando o monitoreo do medidor  con  dous sensores de CO2 a par de outro medidor comercial. O rexistro de medidas do medidor comercial é manual con científicos de campo, os propios alumn@s de 4º ESO B!

O sensor está na aula de 4º ESO B. As medidas son as últimas 300... monitorizáronse en tempo real! 

Na vindeira semana, publicaremos as impresións por parte do propio alumnado...

Descubrindo ás Detectives do Cancro

Con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 1º de bacharelato participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e coordinada por Marisol Soengas, que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. 

A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir directamente quen é unha das “detectives dcancro”: científica Sofía Mendes, que actualmente dedica a súa investigación á nanotecnoloxía para o cancro de páncreas. Descubriron dende a aula como é esta muller que investiga para facer fronte a esta enfermidade, como orientou a súa carreira e como chegou a ser unhas das grandes investigadoras no seu campo.

Coa participación nesta actividadevisibilizamos a labor das mulleres investigadoras e fomentamos novas vocacións científicas, animando ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia. Unímonos así a mensaxe: "elas poden, ti podes".

Proxecto Club de Ciencia - Medidor de CO2 na Aula -> aplicación IoT Internet das Cousas

Estamos probando o monitoreo dun medidor  con  dous sensores de CO2.

O sensor está na aula de 2º Bach B. As medidas son as últimas 300... en tempo real! 

 

 

Na primeira semana, dos tres días monitorizados da Aula de 2º Bacharelato-B, podemos sacar algunhas conclusións. Analizando os datos obtidos:

1.- Obsérvase que a calidade do Aire da Aula a primeira hora da mañán é moi aceptable.

2.- Obsérvase perfectamente que tanto nos cambios de clase como nos recreos, a ventilación da aula con tan só uns minutos son necesarios para renovar e mellorar a calidade do Aire.

3.- Obsérva que durante algunhas sesións de clase no se ventila, pechan as fiestras...  e rápidamente vaise acumulando os compostos orgánicos volátiles (equivalente CO2) con valores altos. 

Aportamos as gráficas de cada un dos días en probas!

 

 

Visibilizar as mulleres nas Letras

O club de Letras do IES Laxeiro centrouse este curso en visibilizar as mulleres en tres eidos: o literario, o histórico e o musical.

 

Hecho con Padlet

"Cantas mulleres científicas coñeces?"

Seguramente, a maior parte de nós, e de vós, contestaría unha, e a resposta sería unánime: Marie Curie. É a única muller científica que a historia patriarcal non logrou ocultar, debido á súa extrema importancia. Aínda así, houbo quen desexou concederlle o mérito ao seu cónxuxe; é o que ten a historia de Occidente, que mesmo se empeñou en tirar o apelido propio da muller para que adquirise o do esposo, como sinal última pero tamén primixenia da perda da individualidade da muller.
Pero cantas mulleres científicas hai e houbo? Moitísimas mulleres traballaron e traballan neste eido sendo tan ou máis importantes que moitos homes científicos que si constan nos manuais, nas enciclopedias, nos libros. E queremos rescatalas. Queremos que no IES Laxeiro se coñezan os seus nomes. Que se saiba que existiron e que existan. Que se transmita que o seu labor é esencial no decurso da humanidade.

Porque vós, mozas, alumnas, tedes o mesmo dereito e as mesmas capacidades ca os vosos compañeiros en calquera eido. Incluído o científico.

Hecho con Padlet
Distribuir contido