Club de Ciencia

Aínda que sempre tiñamos a ciencia presente no noso centro... Foi no curso 2018/2019, no que se "funda" o Club de Ciencia! Con Marina Pardal Varela a nosa Coordinadora. Promocionando iniciativas STEM ( Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñerías e Matemáticas)

III Concurso Luis Gustavo - convocatoria 2021-2022

Xa temos en marcha a terceira edición o III Concurso de Ciencias na honra do noso "principiño" Luis Gustavo Rodríguez  Taboada.

O noso centro IES Laxeiro (Lalín) convoca o: III Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada

O obxectivo do concurso é promover o espírito crítico, a curiosidade e a busca do coñecemento para contribuír a desenvolver a sostibilidade ambiental, económica e social, a través da innovación e a solución de problemas individuais e globais.

Este ano o concurso será fotográfico e o tema: ECONOMÍA CIRCULAR

O III Concurso de Ciencia "Luis Gustavo Rodríguez Taboada" recollerá os traballos ata o 30 de maio de 2022.

Para saber mais >> Acceder a Páxina Web do Concurso Luis Gustavo.

 

Noticia publicada no Faro de Vigo -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/12/18/uxia-rapado-gana-segunda-edicion-60802748.html

Noticia publicada na Voz de Galicia -> https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/12/18/uxia-rapado-ganadora-premio-luis-gustavo-rodriguez/0003_202112D18C2991.htm

Decoración de Nadal con Ciencia!

Felicitamos as festas con símbolos químicos da táboa periódica e montamos a árbore de nadal empregando material de laboratorio: soporte metálico, pinzas e matraces esféricos.

Fe - Li - Ce - S    Fe - S - Ta - S

Para obter os diferentes líquidos de cores realizamos a práctica de medición do pH con col lombarda. A experiencia mostrou como a lombarda pode ser empregada como un indicador de pH natural  e permitiu construír unha escala de pH segundo as cores obtidas para as substancias analizadas. 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

O club de ciencia do IES Laxeiro celebra o mes da Ciencia en Galego coa realización dunha serie de actividades que permiten divulgar o coñecemento dun xeito diferente e accesible a toda a comunidade educativa. A programación inclúe proxeccións audividuais, elaboración de carteis en honor aos homenaxeados, exposicións científicas e talleres para experimentar.

 

INFLUENCIA DA COVID-19 EN PARÁMETROS DA VIDA DOS ADOLESCENTES

Investigamos sobre o impacto psicolóxico e social nos adolescentes como consecuencia da situación de alerta sanitaria provocada pola COVID 19 para comprender e actuar ante as dificultades ás que se están enfrontando.
 
No estudo analizáronse diferentes parámetros: niveis de estrés, ansiedade e depresión, efecto nos resultados académicos, cambios na escala de valores, hábitos e conductas dos adolescentes.
 
As conclusións e desenvolvemento do proxecto poden lerse no documento adxunto.

Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de COVID

Presentamos a memoria informe do estudio científico que fomos desenvolvendo ao longo de este curso 2020-2021 como proxecto complementario ao estudio de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.

Nesta parte fíxose mais caso a deseñar e fabricar un medidor de CO2, dende unha perspectiva do "hardware libre" coñecido como unha extensión do proxecto ARDUINO. O Medidor da calidade do aire das nosas aulas resultou económico, unha solución baseada no ESP32 conectado con dous sensores de tipo analóxico MQ-135 e de tipo dixital CSS811.

O "plus" de este estudio, realmente, foi o de experimentar unha das aplicacións do IoT (Internet of Things), o Internet das cousas e o servizo da nube,  Cloud Computing (ThingSpeak), para un ámbito científico escolar.

Un éxito!

Acceso ao Documento --> Memoria Informe do Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.

Acceso a unha Carpeta compartida onde está todos os recursos e materiais do estudio. Memoria Informe, documentos, gráficos, programas...

 Fai Click -->      Archivos

 

 

Tabla periódica tridimensional terminada.

Este ano terminouse o proxecto da táboa periódica tridimensional. O ano pasado fixemos tres caras: o símbolo, as propiedades e as aplicacións. Este ano completamos con mulleres científicas galegas, e algunha internacional. Na cuarta cara está un código QR en cada científica que vos leva á información que buscastes o ano pasado, e que o departamento de galego axudou a pulir. Moitas gracias a tod@s por participar. Ide a ver como quedou o voso traballo.

 

ROMPECOCOS

Ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19,  este curso decidimos facer actividades individuais  en lugar das de grupo coas que traballamos estes últimos anos.
A finais do primeiro trimestre decidimos facer un concurso no que os alumnos deberán resolver retos matemáticos coa finalidade de que  desenvolvan os conceptos aprendidos aplicando razoamentos lóxico-matemáticos, espaciais e lingüísticos; que melloren a capacidade de reflexión, a análise, a exploración de alternativas e a precisión na linguaxe á hora de expoñer conclusións. Parabéns aos gañadores!!!

DÍA DE PI

  Para celebrar o día de PI fixemos  varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron:
•    Unha exposición na que se recollía a evolución do número PI ao longo da historia e as súas aplicacións. 
•     Obtivemos aproximacións ao número PI medindo as lonxitudes de circunferencias que os alumnos debuxaban en folios e dividíndoas entre o diámetro. As lonxitudes das circunferencias medímolas con anacos de lá. Algunhas aproximacións foron realmente boas!
•       O alumnado decorou cifras do 0 ao 9 e logo construímos o número PI sobre as paredes do instituto.
•    Fixemos un concurso de isoPIas no que os alumnos fixeron frases coas cifras do número PI. Parabéns aos gañadores!!!

CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL"

05/06/2021 16:26
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.

 

Participamos nos talleres de Galiciencia

O 27 de maio, o alumnado de 4ª ESO realizou o taller "Microbioloxía para entender o mundo" organizado por Galiciencia na súa edición online.

A través de exemplos cotidianos descubriron como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día. Entre outras actividades simularon o mecanismo de funcionamento da reacción en cadea da polimerasa (PCR) para comprender como se pode empregar no diagnóstico de enfermidades.
 
Actualidade e Ciencia!
 
 
Distribuir contido