Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, Actividades

Cualificacións provisionais das Probas de acceso a Ciclos Superiores

Xa están publicadas desde o día 18 as cualificacións provisionais das Probas de acceso 2011 de Ciclos Superiores. Os días hábiles para efectuar reclamacións serán os días 19 , 20 e 25 de abril na secretaría do Instituto onde se fixo a inscripción. Por motivo de reformas eléctricas, no IES.Laxeiro o día hábil será o luns , día 25 de abril.

laxas traducidas, sesión de traballo 5/2011

o luns 28 de marzo logo das aulas de tarde reúnese novamente o grupo de tradución "laxas traducidas" para traballar na tradución da proposta de traballo linh dinh - blood and soap. máis información en laxastraducidas.blogspot.com

Modificación nas Probas de acceso á Ciclos Superiores: A data será o venres día 1 de abril

No DOG de hoxe, día 10 de marzo, ven de publicarse a Resolución de 2 de marzo que modifica a Resolución de 11 de xaneiro, referente ás probas de acceso á Ciclos. O cambio da data da proba de acceso á Ciclos Superiores , será o venres, día 1 de abril, e o 17 de marzo, en lugar do día 10, como data de publicación dos lugares onde se van a constituir as comisións das realización de probas, son os cambios significativos.

Listaxe provisional de exencións para os inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Xa está disponible a listaxe provisional de exencións para as probas de acceso á Ciclos Superiores. Contra esta listaxe poderanse presentar reclamacións a modo de instancia, os días 4 7 8 9 e 10 de marzo no centro onde se realizase a inscripción.

Charlas sobre riscos en Internet

O pasado venres día 25 e o luns 28 de febreiro tiveron lugar no Centro dúas charlas impartidas por persoal da Guardia Civil dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar. Neste caso a temática foron os riscos de Internet, e falouse sobre diversos temas relacionados co mal uso da rede e os potenciais perigos que ten. 

Resolución do 1 de febreiro, Fondo Social 2010

Ven de publicarse no DOG do 9 de febreiro os criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o ano 2010, Solicitudes e anexos poderanse cubrir na web http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. O parzo para presentación de solicitudes remata o día 28 de febreiro

Listado provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos Superiores

Publicada a listaxe provisional de admitidos ás probas  de acceso á Ciclos Superiores. Ábrese  agora un período de reclamacións entre os días 10, 11, 14 e 15 deste mes de febreiro. O vindeiro 17 sairá publicada a listaxe definitiva. No enlace consultade a relación de inscritos no IES.Laxeiro.

A Rede de educación para o consumo responsable premia de novo ao IES.Laxeiro

O IES. Laxeiro é un dos doce centros premiados pola Rede de educación para o consumo responsable . Convértese deste xeito nun centro de referencia xa que cada ano o instituto ven colleitando éxitos neste apartado. O proxecto presentado polo IES.Laxeiro leva por título " Consumo, xénero e igualdade" e obtivo un premio de 2.700€ para o desenvolvemento desa actividade.

Noraboa ao equipo responsable pola xeira de premios colleitados.

No arquivo adxunto pódese ver a relación de centros premiados pola Resolución do 20 de setembro publicada no DOG do 20 de decembro

 

Alumnos do Laxeiro no Ben Falado

No programa Ben Falado da Televisión de Galicia que emitiron o pasado 10 de decembro participaron alumnos e alumnas do IES Laxeiro. As entrevistas que fixeron trataban principalmente das colaboracións na revista do Centro, A Cacharela. Podedes ver o programa directamente dende a páxina web da CRTVG.

Distribuir contido