Actividades

Xornada de Formación do Profesorado: A mellora da convivencia escolar: mediación e resolución de conflitos.

O día 16 de abril de 2009 acudiron ao IES Laxeiro as profesoras Ana Ulloa e Esther Vila do IES Chamoso Lamas d'O Carballiño para falarlles aos profesores, nunha xornada de formación, sobre a experiencia que levan a cabo no seu centro relacionada coa resolución de conflitos e a mediación escolar. Igualmente trataron sobre como afrontar a disrupción na aula.

A xornada foi seguida por unha estimable representación de profesores do noso instituto.

Presentación de Unidos por el Flow

O martes 10 de marzo, ás 11,45 horas, no Salon de Actos do IES Laxeiro, Xaime López "Chispón" (ex-alumno do Laxeiro) presentará o proxecto Unidos por el Flow.

Instalación de dous Buzóns da Convivencia para a Comunidade Educativa do IES Laxeiro

Neste buzón recolleranse queixas e suxestións para a mellora da convivencia.

  Obxectivo: Manter activo un termómetro que mida o estado da convivencia no Centro ao longo do curso. Que sirva de canle para vehicular as suxestións de alumnos, pais e profesores en aras de mellorar a convivencia na comunidade educativa.  

Ubicación: Un buzón en cada vestíbulo (Pavillón A, pavillón B)

 

SUXESTIÓNS: Poderán ser anónimas ou firmadas. En calquera caso garántese a confidencialidade.

 

REVISIÓN DE NOTAS: Tres profesores membros do Grupo da Convivencia serán os encargados de revisar quincenalmente as notas que aparezan nos buzóns.

Esta terna será revisable anualmente.

Actuarán como filtro e comisión para trasaladar as suxestións a quen corresponda. Redactarán unha nota na que se recollan as principais suxestións e as saídas que lles buscaron.

Esta nota expoñerase quincenalmente nos taboleiros de alumnado e profesorado.

A Comisión desestimará aquelas suxestións que resulten ofensivas ou lesivas de calquera dereito das persoas.

 

Difusión: Deste buzón darase conta a alumnos (a través dos titores) e pais (por medio das ANPAS) do seu funcionamento e finalidade.

Distribuir contido