Proceso de admisión e matrícula

Fai as túas consultas e axuda coas túas respostas sobre o proceso de admisión e matrícula no IES Leixa.

  • Para enviar unha pregunta preme en "engadir novo comentario".
  • Se queres responder nalgunha pregunta preme en "responder"

Acceso a enfermería

Hola estoy muy interesada en el curso de auxiliar de enfermería pero de estudios solo tengo la ESO no se si me podría apuntar les agradeceria que me dieran respuesta

un saludo y gracias

Requisitos de acceso

Para acceder a un ciclo medio es necesario tener la ESO, por lo que sí podría solicitar admisión.

Puede obtener información sobre el proceso y los requisitos en la web de la Consellería.

Auxiliar de enfermería

¿Con que nota mínima puedo entrar en el ciclo de auxiliar de enfermería?

Non hai nota mínima

Tal e como se contestou a outra pregunta semellante, non existe unha nota mínima para entrar nun ciclo. Se hai 50 prazas, entran os 50 coas notas máis altas.

O último que entrou no curso 2013-2014 no ciclo de Coidados auxiliares de enfermaría tiña un 6.

Farmacia

De acuerdo, gracias. Si tengo otro ciclo hecho, me vale la nota de ese ciclo? Quiero decir, si en el grduado tengo un 6, y en el otro ciclo saqué un 7, ¿tengo más posibilidades?

Acceso a ciclos medios

La norma establece que se puede acceder con la nota de la ESO o de otro ciclo medio. Si decide acceder con la nota de otro ciclo medio y ésta es superior a la de la ESO, sí que tendría más posibilidades.

NOTA: No se puede acceder a ciclos medios con el graduado escolar.

farmacia

¿Que nota hay que tener como mínimo para que me acepten en el ciclo medio de farmacia?

Acceso a ciclos

No existe una nota mínima. Si hay 22 plazas, entran las mejores 22 notas, independientemente de cuáles sean.

Este curso el último en entrar tenía un 6.

donde estudar un ciclo superior de sanidade

gustariame ter un listado de centros onde poder facer o ciclo pa acceder a medicina e tamen saber como fan o proceso de admision  se entran os que mais nota teñan en bacherelato ou como vai o tema  saudos egracias

Web da Consellería

Toda a información que nos solicita está a súa disposición na web da Consellería.

  1. Oferta de ciclos
  2. Proceso de admisión

informacion do ciclo de laboratorio

hola ,son nai dun rapaz que quere facer medicina pero non ten nota de corte suficiente ,a orientadora do colexio comentoulle que se pode acceder a traves dun ciclo superior ,se e asi rogo me indiquen os pasos a seguir e a nota minima aproximada que deberis¡a ter no ciclo (tendo en conta e de outros anos ,xa sei quesempre varia ,e pa ter algo de referencia) moitas grazas

Acceso á Universidade

Na actualidade os estudantes de ciclos superiores acceden á Universidade nas mesmas condicións que os estudantes de bacharelato.

Hai uns anos existían prazas reservadas para os estudantes de ciclos, pero agora xa non; é dicir, que as notas de acceso son as mesmas para uns e para outros en igualdade de condicións.

De feito, como os estudantes de bacharelato poden subir a súa nota de acceso facendo unha parte específica na selectividade e iso dálles vantaxe, os estudantes de ciclos poden presentarse tamén a esa parte específica da selectividade para subir nota e chegar aos mesmos 14 puntos ca os de bacharelato. 

En síntese, se dous estudantes, un de bacharelato e outro de ciclos, queren acceder a Medicina, supoñendo que o estudante de bacharelato teña 11,5 e o de ciclos 11,6, tería preferencia o de ciclos por ter máis nota.

De todos os xeitos teña en conta que se está a implantar un novo sistema educativo, a LOMCE, no que desaparece a selectividade e non sabemos como iso vai afectar ao acceso á universidade.

Acceso a ciclos

Buenas tardes, quería saber como puedo matriculare en el fp superior Técnico Superior en Diseño y Edición de Publicaciones Impresas y
Multimedia.
Soy graduada en ADE y en la página no me queda claro como puedo solicitar la matriculación a este FP
Gracias por su Atención
Un saludo

Acceso a ciclos

EL ciclo al que hace usted referencia aún no se ha implantado puesto que no se ha publicado su currículo. Se espera su implantación para el curso 2014-2015.
El ciclo que ofertamos en el IES Leixa es el ciclo superior de Diseño y Producción Editorial.
En nuestra sección "Admisión" se explica el procedimiento de admisión. Como verá hay dos períodos, uno ordinario en junio, del que ya acabó el plazo, y otro extraordinario en septiembre. Naturalmente, tienen preferencia los solicitantes de plaza de junio porque hay lista de espera, pero normalmente en los ciclos superiores hay mucho movimiento de listas porque muchas personas admitidas no se matriculan y otras que se matriculan finalmente se dan de baja.

no aparezco en la lista de

no aparezco en la lista de la primera adjudicación ni en la de la segunda en el ciclo de dietética a pesar de tener una nota mayor que algun@s de l@s admitid@s. a que se debe??

Preferencias

No proceso de admisión faise  un baremo e unha orde de prelación tal e como se explica na web da Consellería na seguinte ligazón.

Por exemplo, para o ciclo de dietética, unha persoa que acredita estudos de bacharelato de ciencias ten preferencia sobre unha que acredita bacharelato de humanidades, e ésta sobre unha persoa que acredita un ciclo superior ou estudos universitarios.

Mesmo entre os que acreditan bacharelato de ciencias teñen preferencia os que estudaron a materia vinculada ao ciclo, neste caso Bioloxía.

Nas listaxes se especifican cales son os estudos que dan acceso ao ciclo e a nota dentro de cada grupo de estudos. En concreto, en Dietética o último que entrou ten o bacharelato de ciencias (preferente) sen materia vinculada. Se vostede acreditou o bacharelato de humanidades ou outro ciclo superior, non puido entrar aínda.

NOTA: Toda esta información está nas instrucións de admisión, apartado 7.

 

Matriculación

Ola:

Necesitaba saber cal é a documentación a achegar no caso de resultar seleccionada para un grao medio, xa que na primeira data de adxudicación non me é posible presentar eu a documentación, e precisaría deixala arranxada para que me poidan matricular.

Cal sería a Documentación?

Debo cotexar algunha fotocopia?

Grazas!

Documentación

Na sección "Matrícula" desta mesma web tes especificada toda a documentación necesaria.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesleixa/category/15/130 

Se non podes vir ti a matricularte, debes autorizar por escrito a alguén para facelo por ti.

"non relacionada"

Estoume fixando que nas listas provisionais de admitidos hai un apartado que pon "non relacionada". Tiña entendido que para acreditar experiencia profesional, a actividade na que un traballou tiña que estar relacionada co modulo que un solicita. 

A miña pregunta é:

¿Este apartado é para xente que acredita experiencia laboral non relacionada có ciclo?

Gracias.

Experiencia laboral

As listas que se publicaron o día 5 non son de admitidos/as; son de solicitantes para revisar os datos.

Na modalidade de adultos hai dous réximes de ensino: ensino presencial e ensino a distancia.

  • Para o ensino presencial só se ten en conta a experiencia relacionada co sector. Se se presenta experiencia non relacionada co sector non se ten en conta (por iso nas nosas listaxes todos os solicitantes aparecen con 0 puntos neste apartado).
  • Para o ensino a distancia tense en conta tanto a experiencia laboral relacionada co sector como a non relacionada co sector porque se entende que este tipo de ensino é para traballadores/as en activo, independentemente de en que traballen.

Matrícula superior

Bos días.

Na matrícula do ciclo superior; ademáis de adxuntar a fotocopia do meu D.I, o certificado de superación de proba de acceso e as notas do C.M de Preimpresión, indicame que debo achegar a titulación de maior nivel académico.
Adxunto as notas do C.M ou as da ESO? As dúas?

Obrigada

Admisión ciclo superior

Se accede por proba só ten que achegar o certificado de superación da proba. A titulación só se pide para os que acceden de forma directa (por título).

En definitiva, non é preciso que achegue ningún título, nin sequera as notas do ciclo medio de Preimpresión.

Matricula en ciclo de emerxencias sanitarias.

Bos días. A miña duda é a seguinte:

Quero solicitar o ciclo de emerxencias sanitarias e como segunda e terceira opcións outros dous en outro centro. 

1.- ¿Teño que cubrir tres veces o anexo V por duplicado indicando os ciclos e modulos que quero cursar?

2.-En caso afirmativo:

¿Debo cubrir uns determinados polos centros ou podo escoller os que eu queira sen que pasen das 1000 horas? (porque vexo na web que teñen vostedes un reparto de modulos feito por anos).

Moitas grazas.

Solicitude de admisión modular

1. Efectivamente, debe presentar tantos anexos V como centros e ciclos desexe, todos eles no centro elixido en primeira opción.

2. A oferta é modular polo que pode solicitar os módulos que prefira tendo en conta que o centro debe asegurar que pode cursar todos os módulos en 3 anos (se fose admitido/a porque a admisión é por módulo). Antes de iniciarse o período de matrícula o centro debe publicar os horarios para que os solicitantes poidan determinar se hai compatibilidade horaria. A fin de garantir que as persoas solicitantes poidan cursar todos os módulos en 3 anos, os módulos organízanse en tres bloques, en cada un dos cales existirá compatibilidad horaria.

Powered by Drupal - Design by artinet