Skip to Content

Últimas publicacións

11/04/2024 - 22:16

No seguinte enlace pódese consultar o calendario e toda a información referente ao proceso de admisión das probas libres de títulos LOE / LOXSE de FP.

11/04/2024 - 22:06

Todas as solicitudes de admisión entregadas no IES Leliadoura foron aceptadas. Pódese consultar a listaxe no taboleiro do centro ou chamando á Secretaría.

05/04/2024 - 14:59

O Ministerio de Educación vén de publicar a convocatoria das "Becas Eurolingua" para este verán 2024.

Estes cursos, que están subvencionados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído,...

02/04/2024 - 22:24

02/04/2024 - 20:04

Antes de nos ir de vacacións e aproveitando o parón dos exames, o alumnado de ciclos asistiu a unha charla sobre ciberseguridade e seguridade nas finanzas. 

A charla, integrada no marco da Global Money Week, foi impartida por Carlos Otero, director dunha sucursal da nosa vila, que centrou o seu relatorio na importancia...

21/03/2024 - 21:30

Alumnado de ASIR e DAM visitou hoxe mesmiño a empresa de Negreira "Servizo móbil". Alí coñeceron como funciona o sistema informático que conecta distintos puntos da atención sanitaria de Galicia coas bases loxísticas do SERGAS. A visita resultoulles do máis interesante. Agradecemos profundamente á empresa permitirnos entrar e coñecer cousas ben interesantes e especialmente a Gonzalo,...

21/03/2024 - 21:19

Este luns pola tarde, a rapazada do bacharelato científico puido desfrutar dun relatorio do profesor de Física e Óptica da USC, Carlos Montero. 

Empregando como referencia literaria o señor Jekyll e a Mr. Hyde fixo un repaso pola Física dos séculos XVIII, XIX e XX, centrándose na concepción que se tiña...

21/03/2024 - 21:05

Dentro do Plan Director, o Leliadoura tivo a sorte de poder contar con charlas da policía sobre distintos asuntos de interese para os e as nosas adolescentes. Xa case rematando este segundo trimestre e logo dunhas semaniñas intensas de estudo e exames, non nos veu mal reflexionar sobre temas así de interesantes.

3º...

21/03/2024 - 20:28

De novo, este mércores, o alumnado de AF 2 e AF2 Dual tivo a oportunidade de visitar CONGALSA, unha empresa de referencia no sector da alimentación. Ao longo da visita faláronlles da evolución desta empresa familiar desde os seus inicios ata a CONGALSA internacional. Foi esta unha estupenda oportunidade de...

20/03/2024 - 22:55

Rexeitamos, condenamos, non comprendemos e tratamos de ensinar que a violencia non conduce a ningún lugar; tan só trae consigo destrución, soidade e tristura. 

A comunidade educativa do Leliadoura sente tanto o que che ocorreu, Andrea, que non pode máis que gardar silencio e seguir formando e educando para que isto non volva ocorrer. 

"As mulleres galegas non teñen...



by Dr. Radut