Skip to Content

Taboleiro

Modelos de exame ABAU 2020

Modelos de exame ABAU 2020

Información Coronavirus

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos

A continuación transcríbese a información enviada por dita Dirección Xeral:

CORONAVIRUS PARA EDUCACIÓN

Información Coronavirus

O labor en silencio

Na aula de usos múltiples temos a disposición de todo o alumnado e profesorado  a exposición “O labor en silencio”

É unha exposición de imaxes cedidas por familias do Concello, coa que se pode facer unha viaxe ao pasado para coñecer a que se adicaban as mulleres a mediados do século XX.

O labor en silencio

Visitamos a exposición "Galicia, un relato no mundo"

Alumnado e profesorado do IES Leliadoura achegámonos o pasado xoves día 27 de febreiro até a Cidade da Cultura para visitar a exposición Galicia, un relato no mundo, convidados/as polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira. Encantounos toda a exposición, pero quedamos fascinadas/os pola "Santa", una escultura en madeira policromada de Francisco Asorey que leva preto de 70 anos no Uruguai.

Visitamos a exposición "Galicia, un relato no mundo"

Visitamos en Compostela o Pórtico da Gloria e o Museo de Historia Natural

O pasado martes, día 30 de abril, viaxamos cos grupos de 2º da ESO a Santiago de Compostela coa idea de que o alumnado poideran ver in situ contidos que foran explicados na aula no relacionado coa Idade Media tanto en arte como en historia. Ademais de realizar unha visita guiada ao Pórtico da Gloria tamén entramos ao interior da catedral para poder apreciar con detalle os elementos estruturais do románico.

Visitamos en Compostela o Pórtico da Gloria e o Museo de Historia Natural

Teatro e Pórtico da Gloria en Compostela

O luns 11 de febreiro os grupos de 4º ESO e 1º Bacharelato tiveron dúas actividades culturais en Santiago organizadas polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Teatro e Pórtico da Gloria en Compostela

Visitamos 'A derradeira lección do mestre' de Castelao no Museo do Gaiás

Ribeira, 13 de febreiro de 2019. Convidad@s por Normalización Lingüistica do Concello de Ribeira, alumnado e profesorado de Xestión administrativa e Administración e finanzas, visitamos a obra  'A derradeira lección do mestre' de Castelao no Museo do Gaiás de Compostela.

Visitamos 'A derradeira lección do mestre' de Castelao no Museo do Gaiás

Exposición de AMNISTÍA INTERNACIONAL: VALENTE

Durante estos días temos nas dependencias do noso centro a exposición de AMNISTIA INTERNACIONAL, VALENTE, na que se recollen as historias reais de moitas mulleres, de distintos lugares do planeta. Con ela pretenden visibilizar que "en todas as rexións do mundo, as defensoras dos dereitos humanos fan fronte a formas de violencia por motivos de xénero, ademais dos ataques que outros defensores poidan sufrir, como violencia sexual e ameazas, fustrigación e campañas de difamación vinculadas á súa condición de mulleres."

Exposición de AMNISTÍA INTERNACIONAL: VALENTE

Escoitando historias do mundo de boca de Charo Pita e Patricia McGill

Un ano mais, e xa van vinte cursos de xeito consecutivo, os departamentos de Inglés e Normalización Lingüística organizaron unha actividade de Contacontos en inglés e galego de man de dúas recoñecidas narradoras profesionais: Charo Pita e Patricia McGill.

Escoitando historias do mundo de boca de Charo Pita e Patricia McGill

Charla con Héctor Cajaraville na Biblioteca do Leliadoura

Este pasado martes visitounos o escritor santiagués Héctor Cajaraville. Como el ben nos explicou, empezou a escribir tarde, pero con moi bos resultados xa que gañou varios premios de Literatura. Entre eles, o recibido polo libro de lectura recomendado en 3º da ESO A caixiña dos rancores, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015, ou Denébola a roxa, outra obra gañadora dun premio, o Meiga Moira 2016,

Charla con Héctor Cajaraville na Biblioteca do Leliadoura
Distribuir contido


Código Materia  


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional, 2019