Skip to Content

VISITA DE ADRIÁN GÓMEZ

O pasado venres, o alumnado de 3º ESO recibiu a visita do escritor de Rianxo, Adrián Gómez, que lles veu falar do seu libro, Cando sangren os lobos.

Centrou boa parte parte do seu relatorio en falar do proceso de creación, do complexa e laboriosa que pode ser a creación dun libro de narrativa e marcou a diferenza entre este libro primeiro que realizou para presentar a un concurso, que por certo gañou, e a segunda parte desta narración, Aqueles corpos nosos, que compuxo xa máis de vagar e sen a premura dun prazo a cumprir.

En todo caso, logo de relatar certos datos sobre os personaxes das dúas obras, meteunos o verme no corpo e agora imos ter que ler esta segunda parte. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DE ADRIÁN GÓMEZ


image | by Dr. Radut