Skip to Content

VISITA AO CESGA, SANTIAGO DE COMPOSTELA

Dentro do programa de EduTecEmprende, os ciclos de Informática e tamén os de Administración e Finanzas Dual, que saíron da empresa especificamente para realizar esta visita, foron onte a Compostela visitar o CESGA. 

Alí, puideron observar de primeira man un superordenador que tiveron alí dende o ano 1993.

 

Viron tamén o supercomputador actual que dá servizo, entre outros, á rede IRIS, a centros de investigacións do CSIC, a meteogalicia...

 

 

Finalmente accederon ao seguinte computador cuántico de 32 Cúbits. Trátase dun dos primeiros ordenadores cuánticos de Europa e o máis potente de España.

 

 

VISITA AO CESGA, SANTIAGO DE COMPOSTELA


image | by Dr. Radut