Skip to Content

BOLSAS JUAN LAMPÓN

E un curso máis temos a honra de poder contar cunha alumna do Leliadoura que gañou a bolsa Juan Lampón. Recordemos que estas bolsas, que se convocan cada curso na memoria de Juan Lampón, obsequian a seis rapaces/as cunha cantidade de diñeiro polo seu talento académico e deportivo. 

O seu premio poden gastalo en material deportivo e escolar ou empregalo para custear a matrícula universitaria.

Queremos dar os nosos parabéns a Uxía Sampedro Pérez, xogadora de fútbol do Victoria de Santiago, que recibiu o seu premio da man da deportista Pilar Barros e do deportista Jorge Candan.

Velaquí as fotos do acto no instituto da Pobra do Caramiñal.

 

BOLSAS JUAN LAMPÓN


image | by Dr. Radut