Skip to Content

O Samaín 2020/2021

 

A situación que estamos vivindo debido as restricións derivadas da pandemia, estannos dificultando o desenvolvemento de actividades que o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) ten programadas para este curso 2020/2021 no noso centro escolar.

Pero aínda así, como vedes na fotografía anterior montamos un pequeno escenario cunhas bruxas, esqueletos e cabazas para ambientar un pouco e  intentamos animar a todo o alumnado a participar igualmente en tódalas actividades seguindo o protocolo de actuación Covid.

O equipo de dinamización  tíñamos como actividades fundamentais para o Samaín 

-Unha exposición de cabazas como fixeramos en cursos anteriores onde o alumnado daba a demostrar as súas habilidades artísticas e creativas.

 

Estas foron as dúas cabazas que presentaron dous alumnos de 1º ESO  Yeray e Marco

Un "Photocall" na entrada do centro para que todo aquel alumn@ que quixera sacar unha foto só en parellas ou en grupo podía acercarse durante a xornada escolar do venres 30 de outubro, que foi o día adicado no IES Leliadoura  ao Samaín..

A participación este curso non foi coma a de anos anteriores, pero aínda si que temos algunhas fotos de recordo deste día.

 

 

 

 

-Tamén fixeron contos de medo e conxuros, que eran outras das actividades pero como non deu tempo a facer as entregas amosarémolas noutra edición da páxina do EDLG

Por outra banda aquí recomendamos algúns libros de lectura para este momento:

Dez relatos sobre intrigas ,amores, feitizos, aventuras,perigos...Lecturas audaces para traspasar as fronteiras da realidade.

Quen non tivo medo algunha noite? Ás veces, os pesadelos agóchanse nos armarios e asústannos desde alí.

 

Cantas aventuras lles agardan aos tres amigos que se reúne para durmir xuntos na casa dun deles...Noite de contos de medo, sustos e pantasmas.

Tres símpaticos esqueletos saen unha noite a pasear e asustar xente.Xogos e cancións nunha lectura terroríficamente divertida.

 

De ónde ven o Samaín?

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

 

Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.

(Vieiros da Escola) Nova escola Galega

 

Neste ano xa non se fixo a tradicional degustación das castañas que normalmente se facía por esta época celebrando o tradicional Magosto.

Tamén en parte entendemos a baixa participación no desenvolvemento das actividades que nos condicionan a tod@s polas condicions sanitarias derivadas desta pandemia provocada polo Covid.

Pero ánimo! nós seguiremos intentando facer todo o que podamos.

O Samaín 2020/2021


image | by Dr. Radut