Skip to Content

SIMULACRO DE ENSINO VIRTUAL OS DÍAS 21 E 22

Dadas as circunstancias sanitarias no concello de Ribeira e nos concellos limítrofes e, tras solicitar autorización á Inspección Educativa, foinos concedida a suspensión das clases presenciais o vindeiro luns 21 e martes 22 de decembro, autorizándonos a levar a cabo os labores educativos neses días de forma virtual, mediante a Aula Virtual e sesións de videoconferencia. É así que o alumnado debe conectarse por webex no horario habitual para recibir as súas clases a través desa aplicación. O profesorado iralles dando indicacións e deben permanecer atent@s aos seus correos electrónicos.

Ao non haber clases presenciais, e non ter que acudir o alumnado ao centro, non se contará con servizo de transporte escolar.

As notas publicaranse por medio da aplicación Abalar o día 22 a partir das 12:00 horas.

A volta ó instituto será do día 11 de xaneiro de 2021.

COIDÁDEVOS!

BOAS FESTAS CON SAÚDE!



blog | by Dr. Radut