Sorteo pro-excursión fin de curso dunha noite con cea e spa

A rifa gañadora dunha noite con cea e spa no Hotel Spa Attica21 de Vilalba foi a nº 0920.

O gañador ou gañadora deberá presentarse no centro coa rifa premiada.

Grazas por participar!

Sorteo pro-excursión fin de curso dun netbook

Segundo o sorteo realizado hoxe no centro, a rifa gañadora do netbook foi a número 0387.

Moitas grazas por participar!

CARNÉS PROFESIONAIS. CONVOCATORIA DE PROBAS 2012

A Consellería de Cultura, Educación e O.U., convocou PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS 2012

 
CARNÉS/ESPECIALIDADES QUE SE CONVOCAN
 
Ø   Operador/ora industrial de caldeiras.
Ø   Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
Ø   Instalador/ora de gas, categoría A.
Ø   Instalador/ora de gas, categoría B.
Ø   Instalador/ora de gas, categoría C.
Ø   Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
Ø   Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
Ø   Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
Ø   Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
Ø   Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
Ø   Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Ø   Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
Ø   Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
Ø   Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados
 
3. REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS ASPIRANTES
 
Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
_ Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente.
_ Cumprir os requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa.
 
4. SOLICITUDES
O modelo de solicitude poderase obter nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.
Xunto coa solicitude deberase presentar o xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas en concepto de dereitos de exame (importe de 38,37 euros) validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso. Este pagamento tamén poderá efectuarse por internet no enderezo
http:/www.xuntaeco.org/web/portal/tramites-tributarios-presentacion. Neste caso é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o pagamento.

 
5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Para a CONVOCATORIA ORDINARIA o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 16 ao día 27 de xaneiro de 2012, ambos os dous incluídos.
Para a CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2012, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As solicitudes irán dirixidas ao director xeral de educación, formación profesional e
innovación educativa.
 
6. DATAS DOS EXAMES
Os exames da convocatoria ordinaria non se realizarán antes do 1 de marzo de 2012 e os da convocatoria extraordinaria non antes do 30 de setembro de 2012.
+ información en:

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

A Conselleria de Cultura, Educación e O. U. acaba de publicar a Resolución pola que se convocan as probas de acceso a ciclos formativos para grao medio e superior. A modo de resumo indicar que:

PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR:

Data para a inscrición: do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Data da proba: 16 de marzo

PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO:

Data para a inscrición: do 27 de febreiro ao 9 de marzo.

Data da proba: 25 de maio

Lugar de inscrición: Calquera Instituto de Educación Secundaria onde se impartan ciclos formativos. Entre eles o IES LOIS PEÑA NOVO.

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS. PRAZO ABERTO ATA O 15 DE FEBREIRO

A Consellería de Educación acaba de publicar a Orde pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias, dirixido á aquelas persoas que queiran acreditar a súa experiencia laboral

O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 16 de xaneiro ata o 15 de febreiro.

Todas as persoas interesadas poden acudir ao departamento de orientación a informarse sobre este proceso e os requisitos requeridos.

Nesta convocatoria do 2012 van a poder acreditarse competencias relacionadas entre outras coa:

- Xestión administrativa

- Instalacións electricas e automáticas

- Eficiencia enerxética e enerxia solar e térmica

- Soldadura e Caldeireria

- Cociña e gastronomía

- Servizos de Restauración

- Xestión de Aloxamentos turísticos

- Carpinteria e moble

- Emerxencias Sanitarias

- Farmacia e Parafarmacia

- Educación infantil

- Electromecánica de vehículos automóbiles

+ información no seguinte folleto :

 http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Acreditaci%C3%B3n/2012/folleto_acreditacion_2012.pdf


Felices festas

 

O IES Lois Peña Novo deséxavos unhas felices festas e un feliz ano 2012.

Queremos agradecer a colaboración prestada polos alumnos do ciclo medio de Instalacións eléctricas e automáticas na decoración do centro así como aos profesores D. Manuel Álvarez Macía e Dna. María Begoña De la Torre a dirección e coordinación de dito alumnado.

Magosto

O venres día 11 celebraremos un magosto no patio interior do centro dende as 11:15 ata as 12:35.

Toda a comunidade educativa está convidada e lembrade que as castañas as temos que levar entre todos.

CARNÉS PROFESIONAIS

CARNÉS PROFESIONAIS

 

Convocatoria 2011

A Consellería de Educación publicou a convocatoria das probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais.

 

Carnés e habilitacións convocados

Operador industrial de caldeiras.

Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

Instalador de gas, categoría A.

Instalador de gas, categoría B.

Instalador de gas, categoría C.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

Reparador de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

Carné profesional de operador de guindastre torre.

Carné profesional de operador de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

Carné profesional de operador de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

 

Requisitos das persoas aspirantes

Para a admisión das persoas aspirantes, deberán cumprir os seguintes requisitos:

Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

Cumprir os requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

 

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de xuño e remata o 15 de xullo de 2011.

As solicitudes presentaranse nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes irán dirixidas ao director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

 

Datas das probas

A realización das probas non será antes do 30 de setembro de 2011.

 

PROBAS LIBRES DOS CICLOS FORMATIVOS LOXSE QUE SE EXTINGUEN

 

realización de probas libres para a obtención dOS títulos

de formación profesional dos CICLOS extinguidos ao abeiro da LOXSE (1990)

 

Co fin de lle permitir finalizar os estudios e lograr a titulación ao alumnado que cursou Ciclos formativos LOXSE que se extinguiron, a Consellería de Educación estableceu a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención do título. 

A relación de ciclos formativos para os cales se convocan probas libres son os que aparecen no Anexo I

CONVOCATORIAS

A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro 2011.

A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño 2012

 Poderán ser obxecto de avaliación todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de formación en centros de traballo (FCT).

 Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofrecesen as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción, de acordo co seguinte:

As persoas aspirantes que cursaron o ciclo formativo nun centro público deberán presentar necesariamente a solicitude no mesmo centro en que estiveron matriculadas.

 prazos de presentación de solicitudes

a) Para a primeira convocatoria: do 11 ao 21 de xullo de 2011.

b) Para a segunda convocatoria: do 10 ao 21 de maio de 2012.

Os centros farán pública no taboleiro de anuncios a relación provisional de persoas admitidas no prazo máximo de dous días hábiles desde a finalización do prazo correspondente. Poderase presentar reclamación no prazo máximo de tres días hábiles

QUEN PODE PRESENTARSE A ESTAS PROBAS? Requisitos das persoas solicitantes.

Para poderen acceder á realización das probas libres obxecto desta orde, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Cumprir os requisitos académicos de acceso directo ou mediante proba aos ciclos formativos correspondentes de grao medio ou superior, establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter formalizada en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia e nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dos que se convocan probas libres de módulos profesionais.

c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres obxecto desta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordena­ción xeral do sistema educativo.

 Validación de módulos profesionais.

As persoas aspirantes admitidas para a realización das probas poderán ter dereito ás validacións de módulos profesionais superados do ciclo formativo.

Así mesmo, as persoas que teñan acreditadas unidades de competencia de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán solicitar a validación dos módulos profesionais asociados ante o director ou a directora do centro educativo.

Quen desexe solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar expresamente no momento de presentar a solicitude de inscrición para as probas, para o que será necesario xuntar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos para a obter.

Módulo de formación en centros de traballo en títulos extinguidos.

O módulo de formación en centros de traballo dun título extinguido poderá realizarse como máximo ata o seguinte curso académico ao da realización das convocatorias destas probas. Polo tanto poderá realizar a FCT unicamente nos cursos 2011-2012 ou no curso 2012-2013.

CONSULTA ANEXO I COS LUGARES ONDE SE PODE FACER A INSCRICIÓN, PREMENDO NO ARQUIVO ADXUNTO