Skip to Content

Encontro con Lois Pérez

O día 1 de xuño, o alumnado de 1º da ESO desfrutou dun encontro con Lois Pérez, autor do libro proposto polo departamento de Lingua Galega na terceira avaliación para este nivel. A gruta da torre é unha novela de aventuras e á vez un exercicio que o escritor fai para traer ao presente os tempos felices da súa infancia. O éxito da escolla quedou demostrado neste acto que constituíu un diálogo vibrante e divertido entre creador e lectores, no que mesmo houbo quen achegou ideas para unha segunda parte, que agardamos con ansia.

Grazas, Lois, por compartir con nós os teus “segredos” e o teu inxenio, e grazas tamén a Edicións Xerais de Galicia por facelo posible.

Álbum: Actividades 22/23 -> Lois Perez


album | by Dr. Radut