Skip to Content

Educación física, Actividade, Programación anual, Profesorado

Tenis de Mesa

A primeira semana do mes de maio tivemos o placer de contar no noso centro con Adrián e Claudio, adestradores do clube Dez Portas de tenis de mesa.

Durante as sesión realizamos tarefas de familiarización co material específico que se utiliza neste deporte, así como o coñecementos das reglas básicas que regulan o mesmo. 

 

Álbum: Sen categoría -> Tenis de Mesa

Muralla Rugby Club

Durante o paso mes de abril, os adestradores do Muralla Rugby Club de Lugo, estiveron impartindo unhas sesións de iniciación ó rugby. 

Con eles puidemos coñecer e practicar o elementos técnicos máis básicos que posee este deporte, así como desfrutar de diferentes xogos de iniciación que fomentaron a práctica lúdica, axudando tamén a desmitificar o rugby coma un deporte violento.

A continuación deixamos unhas imaxes tomadas durante as sesións levadas a cabo.

Álbum: Sen categoría -> Rugby

Visita Escuela de Kárate Shihan

Durante a semana do 8 ó 12 de abril tivemos connosco ó adestrador Dani, que forma parte da escola de Kárate Shihan. Tódos os alumn@s do centro tiveron un achegamento ós elementos técnicos básicos do kárate, así como técnicas de defensa persoal.

Dende o centro Lucus Augusti queremos agradecer a Escola Shihan a predisposición e as facilidades dadas para que os seus adestradores puidesen vir a traballar cos nosos alumn@s.

Álbum: Sen categoría -> Karate

Xornadas de tiro con arco

Durante este segundo trimestre, tivemos a presenza no noso centro do clube de tiro con arco de Lugo. Durante 2 sesións, os alumn@s puideron coñecer os aspectos básicos deste deporte, e tamén facer prácticas de tiro. 

 

Álbum: Sen categoría -> Tiro con Arco

Visita Clube de Bádminton

Durante o pasado mes de febreiro, tivemos a sorte de poder contar durante unha semán coa presenza dos adestradores do clube de bádminton Monstruiños (Oscar, Hugo e Juan). Todos os alumnos do centro tiveron a oportunidade de poder mellorar a súa técnica individual da man destos entrenadores.

Dende o centro queremos agradecer o esforzo feito polo clube Monstruiños para que todos os nosos alumnos puideran desfrutar desta actividade.

Álbum: Sen categoría -> Bádminton

A continuación os dejamos los enlaces donde podreis seguir el torneo de bádminton que se esta llevando a cabo durante los recreos. 

 

1 ESO Masculino

2 ESO Masculino

3 ESO Femenino

3 ESO Masculino

Distribuir contido


by Dr. Radut