Skip to Content

Listaxes definitivas de Axudas Libros para o curso 2023-24

 

As listaxes definitivas de Axudas Libros para o curso 2023-24 están publicadas na aplicación Fondo Libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) e no taboleiro de anuncios do centro.

 

Publicación das notas e revisión de exames

As notas de ESO e 1ºBAC publícanse na aplicación Abalar o día 27 de xuño e as revisións de exames pódense facer o 28 e 29 de xuño en horario de 9:30h a 13:30h, cada profesor atenderá ó alumnado no seu departamento.

Matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2023/24

A matrícula no curso 2023/24 para o alumnado do IES Lucus Augusti e para o que está admitido neste centro, vai ser do 23 de xuño ó 7 de xullo e faise cubrindo o formulario por curso na ligazón que aparece nesta nova. Aquel alumnado que sexa admitido no IES Lucus Augusti despois do 7 de xullo terá un novo prazo que será publicado nesta páxina.

Formularios

INTERCAMBIO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO LUCUS AUGUSTI (XULLO 23)

O intercambio é de «carácter solidario», é dicir, o feito de entregar libros non implica que tamén se poidan recoller, debido a que coa implantación dos novos currículos, só se recollerán e entregarán libros de 1º ESO, 3º de ESO e 1º BAC.

As datas serán as seguintes:

– 3 de Xullo, luns, de 10h a 12h: entrega de libros.

– 4 de Xullo, martes, de 10h a 12h: recollida de libros.

Criterios para a repartición dos libros:

1º Ter entregados libros.

2º Ser beneficiario da Axuda de Material Escolar.

NOTA IMPORTANTE: As familias que doen libros este curso, terán preferencia á hora de recibir libros no INTERCAMBIO SOLIDARIO 2024.

PREMIO OLLOBOI para OS SORRISOS TAMÉN DOEN de Patricia Rodríguez

O pasado 26 de maio un grupo de alumnos de 4º ESO do IES Lucus Augusti recolleu o premio ZAMBURRIOI á mellor curta no festival de cine OLLOBOI en Boiro.
A curta, que trata sobre a soidade e o sufrimento dunha rapaza que é vítima de acoso escolar, foi elexida entre 111 pezas polo xurado, que destacou a importancia de visibilizar este tipo de problemas.Que orgullosos estamos no Lucus do traballo destes rapaces!

Imaxes

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A DEVOLUCIÓN DO EQUIPAMENTO E-DIXGAL

O IES lucus Augusti participa na iniciativa E-Dixgal do proxecto Abalar para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, polo que o alumnado dispón para o seu uso persoal dun ordenador portátil, co seu correspondente maletín, cargador e punteiro.

O alumnado de 4ºESO que remate os estudos de ESO deberá entregar obrigatoriamente o equipo de acordo co seguinte calendario:

    • 4º ESO A: Martes día 20 de xuño ás 9:55 horas.

    • 4º ESO B: Martes día 20 de xuño ás 13:40 horas.

    • 4º ESO C: Martes día 20 de xuño ás 9:05 horas.

    • 4º ESO D: Luns día 19 de xuño ás 13:40 horas.

Os equipos deberán ser entregados en perfectas condicións (limpos e co seu correspondente maletín con arnés, cargador e punteiro) nas datas indicadas. As familias deberán asinar un documento de entrega facilitado polo centro.Todo será recollido polo titor ou titora e o coordinador Edixgal na data e hora indicadas para cada grupo e na súa propia aula.

Nota informativa

Distribuir contido


by Dr. Radut