Skip to Content

admisión, concursos e premios, ABAU, exames, libros de texto, horarios, matrícula, titorías, transporte

Prematrícula para o curso 2022/23

Todo o alumnado que está matrículado actualmente no IES Lucus Augusti ten que facer a prematrícula para o curso 2022/23 cubrindo o formulario correspondente na ligazón que se achega.

O prazo para formalizar a prematrícula é do 13 ó 27 de maio.

Formularios

Entrega dos III Premios de Ensaio Filosófico

Entrega por parte do xurado,composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía, Orientación e redactores da revista colaboradora “Hechos Mínimos", dos III Premio de Ensaio Filosófico.

Álbum: Sen categoría -> III Premios Ensaio Filosófico

DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA III PREMIO DE ENSAIO FILOSÓFICO

En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 25/04/2022 reúnese o xurado do III Premio de Ensaio Filosófico, composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Orientación e redactores da revista colaboradora “Hechos Mínimos”. Tras avaliar os sete traballos presentados, o xurado decide fallar os seguintes premios:

PRIMEIRO PREMIO: para “EL TRANSHUMANISMO”, presentado por Maxime Toirán Toirán, de 2º Bach B.

SEGUNDO PREMIO: para “COMPETICIÓN TECNOLÓGICA”, presentado por Andrea Pérez Montero, de 1º Bach B.

TERCEIRO PREMIO: para “LA TECNOLOGÍA VISTA DESDE LAS MANIFESTACIONES ARTÍSTICAS HUMANAS”, presentado por Kamil Anni Medina Rordríguez, alumna de 2º Bach A.

Fallo

Entrega de premios

Probas ABAU 2022/23

Axunto a convocatoria ordinaria de matrícula para a ABAU 2022 e os anexos 1 e 2, publicada na nósa páxina web dende hoxe.

Convocatoria

Anexo I

Anexo II

Protocolo

Premios extraordinarios de bacharelato

Onte, 25 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311A).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

BASES DO SORTEO DUNHA TABLET

 O IES Lucus Augusti co CIF Q7755122D e domicilio na Avenida Rodríguez Mourelo, s/n en Lugo ten previsto facer un sorteo dunha Tablet para axudar a financiar o viaxe de estudos de 1ºBAC, que se realizará no mes de xuño do 2022. Sorteo que se efectuará de conformidade ao establecido nestas bases.

Bases

Distribuir contido


by Dr. Radut