Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2022-2023

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2022-2023 (Orde do 29 de abril de 2022. DOG do 18 de maio de 2022).
Poden consultala no taboleiro de anuncios do centro. O prazo de reclamación é de dous días: mércores 13 de xullo e xoves 14 de xullo de 2022.

Atte.,

A dirección do IES Mendiño

Libros de texto para a ESO curso 22-23

Achegamosa listaxe de libros para a ESO para o curso 22-23. O poden descargar da seguinte ligazón:

Listaxe de libros para a ESO para o curso 22-23

Recomendacións lectoras para o verán

Xa están aquí, despois de moito traballo, por fin chegaron as merecidas vacacións de verán. É a época de descansar e disfrutar do bo tempo e tamén podemos disfrutar da lectura. O equipo de biblioteca achéganos unha serie de recomendacións para ler neste verán.

Libru Ciucciu GIF - Libru Ciucciu Storia - Descubre & Comparte GIFs

 

Recomendacións para ler durante o verán

 

 

Boas vacacións e a disfrutar da lectura.

O equipo de biblioteca do IES Mendiño

Matrícula para o curso 22-23

O período de matrícula para ESO e Bacharelato é desde o xoves 23 de xuño ao luns 11 de xullo.

Para axilizar o proceso de matrícula e evitar aglomeracións, pregamos cumpran as seguintes datas para a matrícula para o curso 2022-2023:

  • 1 ESO: 23 de xuño
  • 2 BACH: 27 e 28 de xuño
  • 1 BACH: 29 e 30 de xuño
  • 4 ESO: 1 e 4 de xullo
  • 3 ESO: 5 e 6 de xullo
  • 2 ESO: 7 e 8 de xullo

  Poden descargar os impresos de matrícula desde a seguinte ligazón:

Impresos de matrícula

En ditos impresos vai tamén a información coa documentación que hai que presentar

Calendario de fin de curso e matrícula para o curso 22-23 para o alumnado

Achegamos o calendario de fin de curso para o alumnado onde se reflexan os días no que se publican as notas así como os períodos de reclamacións das mesmas. Neste documento poderán atopar tamén cal será o período de matrícula para o vindeiro curso escolar.

 

Calendario de fin de curso e matrícula do curso 22-23

Período de reclamacións da avaliación ordinaria de 1º bacharelato

O período de reclamación da avaliación ordinaria de 1º de bacharelato é o luns 13 de xuño e o martes 14 de xuño en horario de 08:30 a 14:00

 

Achegamos os modelos para ditas reclamacións: modelo editable     -    modelo pdf

 

Probas extraordinarias de bacharelato

Se queredes consultar o horario das probas extraordinarias de 1º e 2º de bacharelato que terán lugar desde o luns 20 de xuño ao mércores 22 de xuño pinchade na seguinte ligazón:

 

Horarios das probas extraordinarias de 1º e 2º de bacharelato

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 VERSIÓN 20/05/2022

O 20 de maio de 2022 a Consellería publicou unha nova versión do Protocolo COVID para os centros educativos. Aquí traemos as principais novidades que se achegan no documento:

Medidas recomendadas:

  • Realizarase unha axeitada hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións seguen a ter un alto valor protector.
  • Uso de máscara non obrigatorio: rexerase pola lexislación vixente e posteriores actualizacións e recomendacións se as houber. O protocolo indica que resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do  alumnado coma dos/as traballadores/as do centro
  • Transporte escolar: O uso da máscara segue a ser obrigatorio. Axustarase ao previsto na lexislación vixente sobre o uso en medios de transporte.
  • Na ESO e Bacharelato, os grupos/aulas poden interaccionar entre si en  interiores e en exteriores.
  • O tamaño máximo das clases será acorde aos rateos establecidos na normativa aplicable (desaparece as medidas de separación de 1,2 metros entre as mesas).
  • Permítense actividades extraescolares e complementarias.

Poden consultar o documento co novo Protocolo COVID na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2022_05_20_protocolo_co...

Axudas para adquirir material escolar. Curso 2022-2023

Publicouse a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

A cuantía da axuda para adquirir material escolar será de 50€ para as familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

Poden consultar toda a información na seguinte ligazón do DOG

Procedemento de reclamación de 2º de bacharelato

Achegamos os modelos necesarios para reclamar as cualificacións de 2º de bacharelato. Calquera deles hai que presentalos no centro para rexistro antes da data límite. As datas límites son as seguintes:

Convocatoria ordinaria

Reclamación ante a dirección: 20 de maio ata as 14:00

Reclamación ante a Xefatura Territorial: 25 de maio ata as 14:00

Convocatoria extraordinaria

Reclamación ante a dirección: 27 de xuño ata as 14:00

Reclamación ante a Xefatura Territorial: 1 de xullo ata as 14:00

Para poder ver os distintos trámites e prazos do proceso de reclamación, poden descagar o seguinte arquivo:

Trámites e datas do proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato na convocatoria ordinaria

Trámites e datas do proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato na convocatoria extraordinaria

 

A normativa que rixe o proceso é a seguinte:

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut