Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

MAIS PARABENS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

No noso centro estamos novamente de noraboa. Nesta ocasión,a alumna de 2º de Bacharelato Carmen Figueroa Gómez resultou gañadora do 1º premio na  XVIII  edición do concurso de poesía Anomar, na 2ª categoría (ata 18 anos), organizado pola Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos, no concello de Teo, en Santiago. Os nosos parabéns para Carmen polo seu poema titulado “Roibén de despedida” e tamén para Ángela Crespo Zabaleta, outra alumna de 2º de Bacharelato que resultou finalista, dentro da 3ª categoría (a partir dos 18 anos) polo seu poema “Eudaimonía”.

 

 

 

 

 

Premio literario autonómico

PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!!

As nosas alumnas de 2º Bacharelato C Laura González Rubiñán e Alba Otero Vaz participaron na convocatoria autonómica do IV Concurso Literario “Cambados Mar de Letras 2021” que organiza o IES Francisco Asorey de Cambados co patrocinio do Concello de Cambados.

O relato “Un soño” escrito por Laura González Rubiñán gañou o 2º premio na modalidade de relato curto. Pola súa banda, o relato “Vivas lembranzas” do que é autora Alba Otero Vaz obtivo unha mención honorífica.

Velaquí tedes ás nosas mendiñas recollendo os seus premios. Están enchidas de orgullo.... e nós, todas as mendiñas e todos os mendiños, tamén.

Parabéns!!!!!!

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. NOVEMBRO DE 2021

Durante este mes de novembro de 2021 vaise proceder a renovación parcial parcial do Consello Escolar do IES Mendiño. Este proceso, que ten lugar cada dous anos, foi o curso pasado debido á situación xerada pola pandemia.
Nesta páxina iremos incluíndo a documentación relativa ao proceso electoral, a medida que se vaian producindo.

  • Sorteo público dos membros titulares e suplentes da xunta electoral. Venres 29/10/2021, ás 9:30 h., no despacho de secretaría do IES Mendiño.

Calendario electoral: Documento

  • Datas fundamentais:
    • Prazo de presentación de candidaturas: do 5 novembro de 2021 ás 13:00 h. do 16 de novembro de 2021. A presentación da candidatura farase na secretaría do centro.
    • 24 de novembro de 2021: Votacións do sector alumnado.
    • 25 de novembro de 2021: Votacións dos sectores do profesorado, nais/pais e PAS.
  • Resolución da Xunta electoral coas propostas de calendario:

 

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES MENDIÑO (19 membros):

  • Membros natos (3): Dirección, xefatura de estudos e secretaría.
  • Membros elixibles:
    • Profesorado (7): a renovar 6 nesta convocatoria.
    • Alumnado (4): a renovar 4 nesta convocatoria.
    • Nais/pais/titoras legais (2): a renovar 1 nesta convocatoria.
    • Persoal de Administración e Servizos (1): a renovar 1 nesta convocatoria.
  • Membros designados:
    • 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
    • 1 representante do Concello de Redondela, proposto polo mesmo.

 

 O Consello Escolar é fundamental nun centro educativo. Só podemos darlle vida e a comunidade educativa participa de maneira activa. Por iso vos animamos a participar nestas eleccións, tanto exercendo o voso dereito ao voto, como presentándovos coma candidatas ao Consello Escolar.

Normativa:

 

 

Programacións didácticas do curso 21-22

Para ver as programacións didácticas do IES Mendiño durante o curso 21-22, pinche na seguinte ligazón:

 

Programacións didácticas do curso 21-22

 

Na seguinte ligazón pode acceder á concreción curricular do IES Mendiño, seguindo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. Isto supón a modificación dos criterios de avaliación, promoción e titulación, que segue as instrucións dadas nesta Orde. A concreción dos criterios foi aprobada por unanimidade nun claustro extraordinario que tivo lugar o 7 de abril de 2022.

 

No seguinte cartafol teñen acceso as modificacións das programacións didácticas dos departamentos didácticos do IES Mendiño do curso 2021/2022, onde se detallan os criterios de avaliación para este curso, así como as actividades de recuperación, reforzo ou ampliación para o período comprendido entre a 3ª avaliación e a avaliación final.

Calendario de pendentes 21-22

Deixamos un enlace ao arquivo onde se poden consultar as datas de pendentes de todas as materias durante o curso 2021-2022

 

 

Calendario de pendentes

Silvia Avelleira, Candela Crespo, María del cueto e Sabela Gunche finalistas no concurso Móvete

Parabéns ás alumnas: Silvia Avelleira Bastos, Candela Crespo Acuña, María del Cueto Mouriño e Sabela Gunche  Barreiro.

O vídeo que elaboraron en 1º de Bacharelato  (“Podo chamarlle nación” ) está entre os tres finalistas do concurso Móvete organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, na categoría Conmóvete co galego na modalidade de grupo. Foi seleccionado entre traballos de toda Galicia.

O día 22 de outubro estaremos no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC no acto en que se dará a coñecer o gañador.

Nós, no Mendiño,  xa gañamos con estas mozas que demostraron como hai que facer para que a nosa lingua siga sendo nova, viva e chea de mensaxe.

Deixámosvos aquí o enlace para que poidades gozar  do seu magnífico traballo.

 

Hora de lectura. Primeiro trimestre do curso escolar 2021-2022

O día 1 de outubro comezamos a actividade de hora de lectura, que forman parte das medidas para o fomento da lectura que leva a cabo o instituto.

Ao longo do trimestre, seguindo o calendario que achegamos, o centro disporá un momento onde o alumnado poderá ler aqueles libros que máis lle interesen. É un actividade pensada para gozar do pracer de ler.

Todo o alumnado do centro é coñecedor do calendario trimestral da hora de lectura, necesario para que poidan traer ao centro os libros e lecturas que máis lle interesen.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2021-2022

O inicio do curso escolar 2021-22 terá lugar este mércores 15 de setembro de 2021.

Co fin de faciltar o acceso ao centro e evitar aglomeracións na entrada no centro, o horario de entrada será o seguinte:

- 8:30 h.: Alumnado da ESO.

- 11:10 h.: Alumnado de Bacharelato.

Prégase puntualidade e que respecten as indicacións do profesorado que fará a acollida do alumnado.

Aproveitarase o servizo de bus escolar, polo que as clases seguirán o horario habitual do curso, saíndo o alumnado ás 13:55 h.

Unha aperta, e que este ano sexa proveitoso para toda a comunidade educativa do IES Mendiño.

A dirección do IES Mendiño

Traballo sobre a figura de Xela Arias

Os departamentos de música e de lingua galega achéganonos un traballo sobre a figura de Xela Arias realizado por alumnas de 1º de bacharelato. Parabéns polo traballo realizado.

 

Figura de Xela Arias

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2021-2022

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2021-2022 (Orde de 6 de maio de 2021. DOG do 2O de maio de 2021).
Poden consultala no taboleiro de anuncios do centro. O prazo de reclamación é de dous días: luns 12 de xullo e martes 13 de xullo de 2021.

Atte,,

A dirección do IES Mendiño

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut