Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

HORARIO ABAU 2024

HORARIO APERTURA DE NADAL

O centro estará aberto de 10 a 13h os días 26, 27, 28, 29 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro.

Permanecerá pechado os días 22 de decembro e 5 de xaneiro.

 

Equipo Directivo

CONCURSO ZALACANCELO 2023-2024

Xa temos os nosos #ZalaCancelos para este curso 2023/2024.
#SentímonosBen [Xoana, de 3.° ESO C] e #goZALAvida [Mauro, 1.° Xestión de Vendas e Espazos Comerciais] resultaron gañadores no concurso deste ano. No día de hoxe recibiron o premio de man da Directora, Estrella.
Parabéns aos dous!!
 

ESCAPARATE - DÍA DE MORTOS

 

 

  

 

Con esta proposta de escaparate para Halloween/Samaín, inician o curso os alumnos e alumnas de 2.º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Mediante esta composición, pretenden facer unha reinterpretación minimalista, en branco e negro, do día dos mortos mexicano, cun toque de humor e orixinalidade, quen de espertar toda a nosa admiración, de vivos.

ERASMUS+

   

 

 

As relacións internacionaisn comezaron xa este curso en setembro, coa estadía formativa de Viktoria e Aylin, dúas alumnas alemanas que estiveron un mes realizando prácricas formativas no centro. Os seus profesores de @kbsnordhorn viñeron de visita de seguimento.
Máis recentemente, na semana do 23 de novembro, visitáronnos Corina, Daniëlle e Jeannette, procedentes de @graafschapcollege [Países Baixos], en resposta a unha estadía formativa 'job shadowing" que profesoras do noso centro realizaran no curso pasado.
▪️Erasmus+ K131

SAMAÍN...RAMAÍN...

 

Espectacular photocall deseñado polo alumnado de Actividades Comerciais, capitaneado pola profesora Noelia Sánchez! Deste xeito dinamizaron o centro para o día de hoxe, empregando materiais reciclados, e creando unha xincana por todo o instituto para que participe o alumnado da ESO.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer