Punto Laranxa contra o acoso escolar

PREVISEL

Hai unhas semanas alumnado dos ciclos formativos de Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e Comercio Internacional visitou en ExpoOurense a feira Previsel, o 17° Salón da Prevención e a Seguridade Laboral.
Nesta feira, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer as últimas novidades en técnicas de prevención de riscos laborais que alí se espuxeron e participar nas diversas actividades programadas e impartidas en colaboración co ISSGA, a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias de Galicia e Cruz Vermella, entre outros.
Mentres unha parte do alumnado participaba no obradoiro de primeiros auxilios aprendendo e practicando a limpeza e sutura de feridas, outros grupos recibiron adestramento na reanimación cardiopulmonar e o uso de extintores.
Asemade, o alumnado puido coñecer distintas novidades expostas tales coma o uso de drons para a vixilancia de incendios, as actividades da Axencia Galega de Emerxencias ou o uso das gafas de realidade virtual para a promoción de hábitos de vida saudables.
Por outra banda, o profesorado que acompañaba tovo, ademais, a oportunidade de coñecer de primeira man novidosas técnicas de reparación dos danos causados na pel por axentes químicos.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer