Punto Laranxa contra o acoso escolar

Admisión alumnado

O alumnado dos centros : 

- CEIP Zalaeta

- CEIP Curros Enríquez

- CEIP Victor López Seoane

 

Que solicitou praza para 1º de ESO no centro IES Ramón Menéndez Pidal está todo admitido.

 

A dirección

ERASMUS +

Nestes días recibimos a visita a profesorado participante no programa Erasmus+ [KA132 e KA121]. Por unha banda, visitounos Karim Boultan, profesor de lingua castelá en ciclos formativos no Lycee Colbert de Marsella. Por outro lado, Luca e Martina, procedentes do centro de acreditación de competencias profesionais Erifo, en Roma.

 

CHARLA SOBRE OS SINDICATOS

O Departamento de Formación e Orientación Laboral organizou unha charla baixo a temática: "representación sindical, negociación colectiva e dereitos dos traballadores e traballadoras", impartida por Roberto Pérez Vila, representante dos traballadores e traballadoras de Inditex.
A esta formación asistiu o alumnado de FOL de 1.° curso de Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e Comercio Internacional.
 
 

EDUINSPIRA

 

Un curso máis, o centro participa no programa #Eduinspira , organizado pola @camaracoruna e @edu.xunta
Nesta ocasión, a xornada estivo dirixida ao alumnado de ciclos formativos, quen puido coñecer experiencias de emprendemento por parte de axentes do mundo empresarial que achegaron as súas propias vivencias para fomentar así o espírito emprendedor nos mozos e mozas.
 

 

VISITA A PALAS DE REI

O pasado 24 de abril, o estudantado de 1.º de Comercio Internacional desprazoise ata o corazón de Galicia, exactamente a Palas de Rei, para visitar primeiro o proxecto de ecoagroturismo Arqueixal, unha granxa familiar produtora de queixo, iogur e leite que promove o medio rural e agrario sostible e o pór en valor a contorna. E despois visitou ao maior provedor deportivo de España, o grupo Jim Sports, que lles amosou as súas instalacións e a súa forma de traballar.

VIAXE CULTURAL A PARÍS

Despedimos esta segunda avaliación lembrando algúns dos momentos compartidas polo grupo de Francés de 4.° da ESO e 1.° BAC na viaxe cultural a París, organizada pola profesora do Departamento de Francés, Iria Méndez.
Cinco intensos días con visitas aos principais museos da cidade e lugares emblemátivos como a Torre Eiffel.
Agora toca dar a benvida ás vacacións de Semana Santa. Descansade e collede folgos, o día 2 voltamos!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer