PROCESO DE ADMISIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS PARA O CURSO 2020/2021
Resolución da Consellería De Educación, Universidade E Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021
Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
(Neste centro non é preciso baremar en ningún dos cursos por ter prazas suficientes para todas as solicitudes)
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 4 de xuño
Consulta polas familias só se poderá realizar de forma:
- Presencial: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
As familias poderán chamar á secretaría do centro para confirmar a admisión do novo alumnado.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. (5, 8 e 9 de xuño)
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
(pendente de determinar a data de publicación no centro da listaxe definitiva)
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario para alumnado que non promocione en xuño: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
Horario de atención presencial ao públicol no centro de luns a venres de 10 a 13 horas.
No caso de necesitar realizar algún trámite recomendamos chamar previamente á secretaría do centro no número 886110159 no horario sinalado co fin de achegar información sobre o procedemento a seguir e axilizar a súa tramitación.
Así mesmo, no caso de ter que acudir ao centro lembrámoslles todas as recomendacións establecidas con relación ao Covid-19: extremar as medidas de hixiene respiratoria, como ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado, evitar tocar os ollos, o nariz ou a boca, manter unha adecuada e frecuente hixiene de mans co emprego das solucións hidroalcólicas que estarán a disposición do público na entrada do centro, empregar mascarillas de ser posible, non acudir no caso de ter síntomas compatibles co Covid-19, manter a distancia de seguridade de dous metros,…