Celebración do Día das Letras Galegas e actuación musical de Falcatrueiros

Este venres 13 de maio, e con motivo do Día das Letras Galegas do 17 de maio, os alumnos Nerea Gómez Fernández de 4º da ESO A e Rodrigo Otero Pardo de 3º da ESO B deron unha pequena conferencia sobre Florencio Delgado Gurriarán.

A continuación a Asociación Falcatrueiros de Monterroso interpretou pezas musicais en galego (dáse a casualidade que os membros da asociación que actuaron son alumnado do IES de Monterroso)

Cun tempo inmellorable, todo o alumnado do centro desfrutou da actuación.

Falcatrueiros 2022 Falcatrueiros 2022
Falcatrueiros 2022 Falcatrueiros 2022

Seguimos celebrando as nosas Letras

Como todos os anos, a Consellería de Educación enviou uns carteis sobre o autor ó que se lle adica o Día, este ano a Florencio Delgado Gurriarán. Fíxose unha exposición con estes carteis e o noso alumnado foi buscar alí información para realizar os traballos que as profes de galego lle pediron.

Letras Galegas 2022 Letras Galegas 2022 Letras Galegas 2022

Concurso de videopoemas

Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro, Florencio Delgado Gurriarán ou calquera outro autor ou autora da literatura galega.

Concurso destinado a todo o alumnado do IES. A participar individualmente ou en grupo.

TEMÁTICA
Os videopoemas consistirán nunha presentación dixital ou vídeo baseado nunha composición poética en galego de Rosalía, Florencio Delgado Gurriarán  ou calquera outro poeta galego. O poema deberá aparecer nalgún momento, ben sexa impreso, recitado ou en calquera outra opción que se considere.

FORMATO
Os videopoemas presentaranse preferiblemente en formato MP4 e non poderán superar os 3 minutos, incluídos créditos se os houber. As obras deben ser orixinais e inéditas. En caso de usar música, textos ou imaxes alleas, deberán ser materiais libres de dereitos de autor.

PRAZOS
O alumnado participante deberá enviar o seu traballo antes do 20 de maio, por correo electrónico, ó enderezo edlgmonterroso@gmail.com
No corpo da mensaxe deben sinalar o título do videopoema, a persoa autora ou autoras e o curso no que están.

PREMIOS
Os dous mellores traballos presentados recibirán un vale de 40 euros para mercar libros ou material en lingua galega.
Os premios son únicos, independentemente do número de persoas que participen na realización dos videopoemas premiados.

Comezou o mes de maio e con el as celebracións das Letras Galegas

O día cinco tivemos o pracer de ter con nós ó escritor Xosé Luís Vázquez Somoza, autor de O conserxe, libro que este curso lemos en 4º da ESO, e nos clubs de lectura de terceiro da ESO, de 2º da ESO e de adultos. O autor falou da súa obra e respondeu a todas cantas preguntas se lle formularon. O tempo pasou voando e conferencia fíxose moi curta. Agardamos telo outra vez con nós e poder seguir charlando con el.

Xosé Luís Vázquez Somoza é catedrático de L. Galega e L. e exerce de profesor no IES Lucus Augusti de Lugo, do que foi Director.

E, aparte de ser un gran escritor, é unha persoa que irradia moita paz e da que hai que destacar a súa faceta humana.

Conferencia Letras Galegas 2022 Conferencia Letras Galegas 2022 Conferencia Letras Galegas 2022

Presentación da USC e ABAU

O martes 26 de abril tivo lugar unha charla na que se informou ao alumnado de 2º de Bacharelato sobre a oferta universitaria da USC, os servizos universitarios, as ABAU, os programas de intercambio e outras cuestións de interese relacionadas cos seus futuros estudos universitarios.

ABAU

EDUREFERENTES

O I.E.S. de Monterroso foi seleccionado para participar no programa EduReferentes co que se pretende facilitar a orientación vocacional do alumnado, mediante o coñecemento de referentes femininos, co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Neste caso a actividade desenvolveuse cos rapaces e rapazas de 4º de ESO.

Nun primeiro momento tivo lugar unha sesión grupal na que participaron Isabel Neira Gómez, profesora titular de Economía Aplicada na USC e Directora técnica do Grupo GEM-Galicia, e Mónica Álvarez Flores, Directora Xeral en Álvarez Real.

En próximos días completarase a actividade coas mentorías individualizadas.

 

 
 

Visita á Serra do Careón

O pasado 6 de abril o alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato e de Cultura Científica de 4º ESO visitaron a Serra do Careón da man do xeólogo e divulgador Francisco Canosa.

Na saída o alumnado puido coñecer a diversidade xeolóxica da zona formada por xistos, seixos ou granito de Monterroso e rochas procedentes do manto terrestre como a serpentinita.

 

Tamén puideron recrear eventos xeolóxicos que aconteceron hai millóns de anos a partir das pegadas que deixaron no terreo como cabalgamentos ou filóns de seixo.

O alumnado descubriu con sorpresa que hai moito tempo o que hoxe chamamos Galicia formaba parte da maior cordilleira que xamais existiu no noso planeta, máis longa e alta que o actual Himalaia.

 

Caeron Caeron
Caeron Caeron
Caeron Caeron
   

Obradoiro de minerais

O pasado 5 de abril o alumnado das materias de 1º e 2º da ESO do IES de Monterroso puido asistir a un obradoiro sobre minerais e rochas realizado polo xeólogo e divulgador Francisco Canosa. No obradoiro examinaron diversos minerais e rochas, algúns deles comúns e outros raros. Tamén recordaron algunhas das propiedades destes materiais vistas en clase e descubriron outras novas e moi curiosas como a fluorescencia

Visita ao campus de Lugo

O pasado 24 de marzo o alumnado de 1º de bacharelato e 4º da ESO do IES de Monterroso visitaron o campus universitario de Lugo dentro do Programa A Ponte da Universidade de Santiago. Alí puideron asistir a obradoiros e charlas realizadas por distintas facultades e visitar a residencia de estudantes e algunhas facultdes.

 

Concurso de Recitado poético "Rosalía Sempre Viva"

 

O día dezanove de marzo de 2022 as alumnas Sandra García Janeiro de 3º ESO B e Gema Vázquez Rodríguez de 3º da ESO B participaron na 6ª edición do concurso de recitado poético “Rosalía Sempre Viva” que se celebrou na Casa-Museo de Manuel María. Estiveron acompañadas da profesora Marta Cobas e das súas respectivas familias.

 Grupo

Gema Sandra

 

 

Distribuir contido