Entroido 2022

E pouco a pouco chegou o Entroido e os investigadores de 1º da ESO puxéronse a indagar sobre esta festividade en Galicia e os moi larpeiros preguntaron nas súas casas por receitas de lambonadas desta época. Unha vez rematados os traballos expuxéronos en dous taboleiros e polos corredores do IES coa axuda do alumnado de 2º FPB2.

 

Entroido 2022. Mural 1   Entroido 2022. Mural 2

Día de Rosalía

O vinte e tres de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, a mestra do Rexurdimento, a escritora das escritoras e autora da primeira obra impresa escrita en galego.  Por este motivo se institucionalizou o Día de Rosalía o vinte e tres de febreiro e no IES de Monterroso celebrámolo  cun recital de poemas desta autora dos seus libros Follas Novas e Cantares gallegos a cargo dalgúns alumnos de 3º e 4º da ESO.

 

Día Rosalía 2022 Día Rosalía 2022
Día Rosalía 2022

Charla para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O luns 7 de febreiro acompañounos a investigadora María Rico, antiga alumna do centro, para darlle unha charla ao alumnado de 2º Bacharelato sobre o papel da muller no ámbito da investigación. Esta actividade realizouse en colaboración coa Universidade de Vigo.

Cursos da Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo (Fapacel)

A Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo (Fapacel) organiza uns cursos de formación para as familias. Na súa páxina de Facebook, atópanse os seguintes, dos que se informa por si fose de interese para as familias:

  • ABALAR: aprende a manexar espazo. Abalar dende a web e a app tanto os servizos ás familias coma a web ca formación e temas de interese. Orientado a familias.
  • CONTROL PARENTAL MÓBIL repasaremos as principais ferramentas de control de tempo, de contidos e de xeolocalización gratuitas para o Móbil.
  • CONTROL PARENTAL PC´S. Repasaremos ferramentas gratuitas de control parental no pc para monitorizar ou bloquear contidos e saber as horas de uso de cada programa ou web.

Os cursos serán ás 20:00.

Ligazón á mensaxe orixinal: https://www.facebook.com/1680278408879967/posts/3104393373135123/

Entrega de premios do EDL

EDL O día vinte e un de decembro de 2021, fíxose entrega dos premios acadados durante o primeiro trimestre nos distintos concursos que o EDL convocou ó longo do trimestre en colaboración co departamento de L. Galega e L. e co Grupo de Traballo da Biblioteca.

Os xurados que se reuniron para valorar os traballos presentados a estes concursos estaban formados por dous profesores, dous alumnos (que non participaban no concurso) un membro do persoal non docente e a coordinadora do EDL que actuou como secretaria con voz pero sen voto. Estes xurados tiveron moi difícil a escolla dada a calidade dos traballos presentados.

  • A alumna Xiana Fernández Fente de segundo da ESO A acadou TRES destes premios: o primeiro premio do Concurso de Relatos de Terror, o segundo premio do Concurso de Relatos de Nadal e o segundo premio do Concurso de Postais de Nadal.
  • A alumna Iria Vázquez López de segundo da ESO A acadou DOUS premios: o primeiro premio do concurso de Relatos de Nadal, o segundo premio do Concurso de Relatos de Terror.
  • O primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal gañouno Naiara Fernández Conde de 3º da ESO B.
  • O terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror foi para Ángela García García de 1º ESO A.
  • A alumna Lucía Vázquez Gómez de 1º de BAC A levou o 3º premio no Concurso de relatos de Nadal.

As postais presentadas ó concurso expuxéronse nun taboleiro na entrada principal do IES. Na montaxe do taboleiro participou o alumnado de 3º de PMAR e de FPBII.

 

Tómate un SELFIE, cubre a enquisa sobre as tecnoloxías dixitais!

SELFIE é unha ferramenta en liña que permite reflexionar sobre a utilización das tecnoloxías dixitais. Recopila as opinións dos equipos directivos, profesorado e alumnado e presenta esta información nun formato que axuda a identificar os puntos fortes e débiles do centro.

SELFIE non compara nin valora. Todas as respostas son completamente anónimas. SELFIE está cuberto pola lexislación en materia de protección de datos persoais e confidencialidade.

A maior parte das preguntas están organizadas en áreas temáticas e deberán responderse seleccionando una opción de la escala de cinco puntos.

Poderás elixir o idioma empregando antes de comezar a cubrir a enquisa (ou se borrarán as respostas). Para cambiar o idioma tes un menú despregable na parte superior dereita da pantalla.

En menos de 30 minutos cubrirás o SELFIE, pero, en calquera caso, deberá enviarse no prazo de dúas horas dende a primeira resposta. Unha vez rematado o cuestionario, poderás descargar un certificado de participación personalizado.

Non deixes a pasar a oportunidade de que a túa opinión sexa valorada. Conecta co teu usuario á aula virtual e verás un botón para facer o SELFIE.

Resultados das Eleccións ao Consello Escolar

Tralas últimas eleccións ao Consello Escolar do IES de Monterroso resultaron elixidos nove novos membros: Tres estudantes, dúas persoas do sector de familias, unha persoa do personal non docente e tres docentes.

Sector alumnado

  • Antón Gontá Álvarez
  • Natalia Fernández Guerreiro
  • Lydia Díaz Sánchez

Sector familias

  • Nuria López Maté
  • Sonia Rodríguez Gómez

Sector personal non docente

  • Mª Soledad García Pacior

Sector docente

  • Mª Luisa Carro Cabaleiro
  • Mª Dolores Mariño Otero
  • Miguel Rico Gómez

Últimas eleccións: Novembro 2021

Actividade de recollida de mostras no río Ulla

O pasado venres 5 de novembro o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO saiu a recoller mostras biolóxicas e a facer medicións no río Ulla ao seu paso polo concello de Monterroso.

O alumnado visitou dous puntos do río, un augas arriba e outro augas abaixo da estación depuradora, co fin de determinar a calidade ecolóxica da auga antes e despois da incorporación das augas residuais depuradas ao río.

A saída foi cuberta por un periodista e a actividade saiu no xornal La Voz de Galicia o sábado 6 de novembro. A noticia pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2021/11/13/alumnos-monterroso-controlan-calidad-ecologica-aguas-ulla/0003_202111L13C7991.htm

Nos seguintes meses o alumnado de todo o centro traballará coas mostras recollidas para determinar o posible impacto das augas residuais da estación depuradora do concello no río Ulla.

Saímos o sábado 13 de novembro no medio "La Voz de Galicia" tanto en portada como na sección local! Segue lendo para ver as fotos.

Na portada da edición de Lugo

Monólogo de Caxoto sobre igualdade e micromachismos

O martes 23 de novembro, disfrutamos do Monólogo de Caxoto "Micromachista eu?" no IES de Monterroso. Empregando diversos contos tratou o tema dos micromachismos. Agradecemos ao Concello de Monterroso por axudar económicamente coa actividade.

Caxoto 2021 Caxoto 2021

 

Actividade contra a violencia de xénero

O mércores 17 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso unha actividade organizada pola ANPA. Branca Villares impartiu un obradoiro con motivo do día contra a violencia de xénero no que participou o alumnado de 1º e 2ª da ESO.

Branca Villares

Distribuir contido