1º ESO

Alumnos 1º ESO

Receitas de Entroido

Chegou o Entroido e os rapaces de 1º da ESO puxéronse a buscar información sobre o Entroido na zona e en Galicia e os moi larpeiros preguntaron nas súas casas por receitas típicas desta época do ano. Ademais, como contamos con alumnado procedente doutros países, tamén soubemos como se celebra o Entroido en Brasil, Colombia, Perú... e cales son os pratos típicos desta época.

Unha vez rematados os traballos expuxéronos no Recuncho das Verbas.

Encontro en Santiago coa escritora Rocío Leira

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO   asistiu en Santiago de Compostela a un encontro coa escritora Rocío Leira. Na organización desta actividade participaron o EDLG e  Grupo de Traballo da Biblioteca en colaboración co IES do Camiño de  Palas De Rei.

Club de Lectura

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO irá  a Santiago de Compostela  para ter un encontro coa escritora Rocío Leira. Colabora o EDLG e o Grupo de Traballo da Biblioteca. Nesta actividade participa tamén o IES do Camiño de  Palas De Rei.

Club de lectura 3ºESO Club de lectura 2ºESO

Microtoponimia

Dentro da situación sociolingüística do galego e tendo en conta o desarraigo da poboación máis nova a profesora de prácticas, Andrea Santiso, impartiu en 1º da ESO A unha unidade didáctica sobre microtoponimia.

Como o noso alumnado procede da zona rural foi fácil que trouxeran unha choiva de microtopónimos (nome de leiras, prados, chousas, fontes, camiños...) para a posterior introdución deses nomes na aplicación Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa para a colección, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega.

O seguinte paso foi xogar a ser filólogos e completar unha ficha microtoponímica.

Despois o alumnado, a xeito de simulación, tivo que visitar o lugar xeográfico en que se atopa un dos seus microtopónimos seleccionados e realizar unha reportaxe na que figurase a seguinte información: nome propio, nome do microtopónimo, lugar, parroquia, concello e provincia en que se atopa, descricións semántica e etimolóxica do nome e outra información que se considerase interesante.

Por último cada alumno deseñou un cartel sinalizador dun microtopónimo da súa escolla. Para isto, empregouse a aplicación Canva, que permite realizar deseños gráficos online sen a necesidade de ter unha conta creada.

O final expuxéronse os carteis no “Curruncho das verbas” e fixemos esta foto.

Obradoiro de minerais

O pasado 5 de abril o alumnado das materias de 1º e 2º da ESO do IES de Monterroso puido asistir a un obradoiro sobre minerais e rochas realizado polo xeólogo e divulgador Francisco Canosa. No obradoiro examinaron diversos minerais e rochas, algúns deles comúns e outros raros. Tamén recordaron algunhas das propiedades destes materiais vistas en clase e descubriron outras novas e moi curiosas como a fluorescencia

Actividade contra a violencia de xénero

O mércores 17 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso unha actividade organizada pola ANPA. Branca Villares impartiu un obradoiro con motivo do día contra a violencia de xénero no que participou o alumnado de 1º e 2ª da ESO.

Branca Villares

Vídeo cos traballos de Plástica realizados por alumnos de 1º ESO

 

No seguinte enlace podedes ver un vídeo cos traballos realizados polos alumnos de 1º ESO dende a casa.

Neste outro enlace podedes ver un vídeo cos traballos realizados por alumnos de 1º ESO A-B en ed. plástica, no mes de maio nas súas casas. Tratábase de crear texturas visuais usando a técnica da estampación.

 

Mini e Mero no IES de Monterroso

Continuando coa programación das Letras Galegas 2013, o Mércores día 29 de maio os rapaces de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO, ademáis dos de 4º ESO de Música, asistiron á actividade "As Cantigas

Xornada de Portas Abertas

O 30 de maio recibiremos no IES aos rapaces que cursan este ano 6º Primaria.

Excursión a Braga

O vindeiro venres 3 de maio, o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de relixión compartirá vivencias co alumnado doutros centros na excursión que se realizará a Braga en Portugal.

Distribuir contido