O centro
Familias
Iniciar sesión
Aberto o prazo para solicitude do fondo libros e material escolar
Anónimo — Mar, 2022-05-31 09:37
ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)
O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño
Acceso ao DOG
Concreción curricular-Modificacións das Programacións didácticas.
Anónimo — Mér, 2022-05-11 13:37
Para dar cumprimento á norma que regula no presente curso escolar o proceso de avaliación, promoción e titulación publícase a Concreción Curricular e as modificacións ás Programacións dos Departamentos didácticos do IES de Mos.
Primavera Xove 2022
Anónimo — Mér, 2022-04-06 09:59
Dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. poñen en marcha o "O Programa Primavera Xove" que inclúe estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
Máis información en:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/22957-primavera-xove-2022
ADMISIÓN DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS
Anónimo — Ven, 2022-02-25 10:52
Ábrese o prazo para admisión de alumnado procedente de centros non adscritos. Podedes consultar a información no documento anexo.
Becas do Ministerio de Educación 2022-2023
Anónimo — Xov, 2022-02-24 12:13
A convocatoria de bolsas do ministerio para o curso 2022-2023 que se publicará a mediados ou finais do mes de marzo, e de que o prazo de solicitude rematará antes do mes de xuño.
Para calquera información adicional ou consulta deben diririxe a:
Por correo electrónico a https://www.becaseducacion.gob.es/contacto.html
Por teléfono á Oficina de Atención al Ciudadano del Ministerio de Educación:Salto de línea 910 837 937
AVISO: convocatoria axuda alumnos en linguas estranxeiras
Anónimo — Xov, 2022-02-03 12:16
Ante a publicación no DOG do día 31 de xaneiro, da Orde do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, coa petición da súa difusión entre o posible alumnado beneficiario destas axudas.
O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o día 1 ao 28 de febreiro.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.
Cómpre ter en conta que, no caso dos centros concertados, no referente á certificación académica (documento que, entre outros, acompañará á solicitude) en educación secundaria obrigatoria a certificación será asinada polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato, a certificación será asinada polo secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico do alumnado e co visto e prace do director ou directora dese centro.
AVISO: horario alumnado 21 de decembro
Anónimo — Lun, 2021-12-20 11:20
O día 21 de decembro do 2021 as clases rematarán ás 12:05.
O alumnado que viaxa nos autobuses de Lucho, Monbús e do Concello de Mos non terán problema. Os autobuses estarán aquí a esa hora.
Un saúdo
Proclamación das persoas electas nas eleccións ao Consello Escolar do IES de Mos
Anónimo — Mér, 2021-12-01 19:32
IES DE MOS
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.Novembro 2021
Proclamación das persoas electas.
Persoal de admon. e servizos |
Concepción Villamarín Grela. |
Concello |
Julia Loureiro Campo |
Nais, pais, titores legais |
Óscar Mariño Bastos. |
Alumnas e alumnos |
Micaela Toledano Sánchez. Roi García Lorenzo. Laura Mendívil Pastoriza |
Persoal Docente |
Patricia Vázquez Lago. José Carlos Barros Pérez Leire Porral Combarros. Lucio Palacios Pool. Sabela Sanromán Hermida Mª Azucena Matilde González
|
Fin clases
Anónimo — Lun, 2021-11-29 13:06
Último día de clase.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »