O centro
Familias
Iniciar sesión
DÍA DO ENSINO
Anónimo — Sáb, 2022-10-15 18:01
NON HABERÁ CLASES
COMEZO DO CURSO 22-23: PRESENTACIÓNS ALUMNADO
Anónimo — Lun, 2022-09-05 13:40
O horario das presentacións do curso 22-23 será o xoves 8 e venres 9 de setembro de 10:30-12:30:
Xoves 8 de setembro:
Alumnado de 1º ESO esperarán na porta principal do instituto.
Alumnado de 2º ESO esperarán na porta traseira do instituto.
Venres 9 de setembro:
Alumnado de 1º e 2º ESO irán ás súas aulas.
Alumnado de 3º e 4º ESO esperarán na porta principal do instituto.
Alumnado de 1º e 2º BACH esperarán na porta traseira do instituto.
Nestes días o horario do transporte escolar será o axeitado para que o noso alumnado esté aquí ás 10:30 e saian do IES ás 12:30)
O luns día 12 o horario será 08:30-14:10; 16:15-17:55.
Aviso: Publicación das listaxes definitivas das axudas de material
Anónimo — Ven, 2022-07-22 10:09
Dende hoxe estarán dispoñibles na entrada do IES de Mos as listaxes coas persoas que van recibir as axudas para material escolar da Xunta de Galicia.
Os vales poderán retirarse en setembro.
Listaxes provisionais das solicitudes de material escolar
Anónimo — Lun, 2022-07-11 10:49
Dende hoxe estarán na entrada principal do IES de Mos as listaxes provisionais das solicitudes do material escolar para o curso 22-23.
As familias excluídas disporán do prazo de dous días para facer as súas reclamacións.
O día 22 publicarase a listaxe definitiva.
Alumnado de 1º ESO de centros adscritos
Anónimo — Mar, 2022-07-05 22:48
Queremos recordarlle ó alumnado de 1º ESO procedente de centros adscritos que ten que presentar a matrícula entre o 1 de xullo e o 10 de xullo. O horario é de 9:00 a 14:00.
Listaxe dos libros de texto para o curso 22-23
Anónimo — Mar, 2022-07-05 12:09
Adxunto listaxe de libros de texto do vindeiro curso.
Prestar especial atención ás observacións (moitos deles non hai que mercalos ata falar co profesor/a da materia a comezo de curso
Período de matriculación
Anónimo — Mér, 2022-06-22 13:18
O período de matriculación será do 1 ó 10 de xullo.
As familias poderán acudir ó centro das 09:00 ás 14:00.
Documentación a entregar para o alumnado novo e o alumnado que pasa de 1º a 2º BACH
Anónimo — Ven, 2022-06-17 23:25
Alumnado novo e alumnado que pasa de 1º a 2º bacharelato teñen que traer a documentación que está recollida na imaxe adxunta para poder formalizar o proceso de matrícula do curso 22-23.
Visita a nosa biblioteca
Anónimo — Mar, 2022-06-07 23:00
Se queres coñecer a nosa biblioteca preme neste enlace. Abrirase un vídeo onde poderás descubrir unha chea de oportunidades e actividades. Atrévete!
Tamén te animamos a que premas nos enlaces do menú dereito, pois atoparás o acceso ó blog da biblioteca, poderás facer suxestións de compra e compartir as túas dúbidas. Esperámoste!
Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de Bacharelato.
Anónimo — Mar, 2022-05-31 23:07
Achégase o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de Bacharelato.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »