O centro
Familias
Iniciar sesión
AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
admin — Lun, 2023-09-11 19:27
Adxuntamos a convocatoria das axudas municipais para material escolar e libros
Xornada de acollida 11 de setembro (08:30 a 11:30)
admin — Mér, 2023-09-06 12:58
Estimadas familias,
O día 11 terá lugar no noso centro a xornada de acollida a todo o noso alumnado.
O horario desa acollida será dende as 08:30 ata as 11:30 (o transporte escolar funcionará con este horario).
Estamos en obras, así que temos moitos condicionantes, pero todo o persoal do centro está a traballar para que non haxa problemas; pero o alumnado que teña alerxia ao polvo debería tomar precaucións (é recomendable que traian máscaras).
Indicar que:
- O alumnado de bacharelato esperará nas gradas ata que os titores/as os chamen.
- O alumnado de 4º ESO, 3º ESO e FP básica agardarán na porta dianteira ata que os titores/as os chamen.
- O alumnado de 1º ESO e 2º ESO agardarán na porta traseira ata que os chamen.
Agardamos que teñan moitas ganas de aprender!
Un saúdo.
Mª Azucena Matilde González.
Directora do IES de Mos
Exames de setembro
admin — Mar, 2023-08-29 14:48
Os exames de cambio de modalidade realizaránse na aula 210 (Plástica, segundo andar).
Moito ánimo e moita sorte!
Horario de exames de cambio de modalidade de bacharelato (setembro 2023)
admin — Ven, 2023-08-04 10:25
Adxuntamos o horario cos exames de cambio de modalidade de bacharelato (setembro 2023)
Bo verán!
admin — Mér, 2023-08-02 09:44
Estimada comunidade do IES de Mos:
Chegou o momento de despedirse, pero só por un breve tempo. Estamos moi orgullosos de todos vós e do esforzo que mostrastes durante este curso académico. Grazas pola vosa dedicación e paixón por aprender.
Mentres, queremos informarvos de que o instituto está en proceso de melloras e reformas. Emocionante, non? Afortunadamente, está previsto que as obras estean rematadas antes de comezar as clases.
E o que nos enche de alegría é anunciar que xa está rematado un magnífico mural creado polos talentosos alumnos de Artes. É unha fermosa obra mostra da súa creatividade e talento!
Así que, mentres gozades das merecidas vacacións, convidámosvos a que volvades en setembro cunha ilusión renovada e coa mesma paixón por aprender que sempre vos caracterizou. Ata pronto!
Con cariño,
O equipo do IES de Mos
Bonos de material escolar
admin — Lun, 2023-07-24 09:58
Estimadas familias. Xa están á vosa disposición no centro os bonos de material escolar para o curso 23-24. Podedes recollelos no seguinte horario:
Mes de xullo: De 9 a 14 horas.
Mes de agosto: De 10 a 12 horas.
Un saúdo.
IMPORTANTE: É imprescindible que os recollan os responsables legais do menor. No caso de que o faga unha terceira persoa, ten que presentar unha autorización expresa asinada polos responsables. Adxuntamos modelo de autorización.
Publicación da listaxe provisional de FP Básica
admin — Lun, 2023-07-10 12:53
Xa está publicada a listaxe provisional do alumnado admitido na FP Básica.
Entre as 9:00 horas do 10 de xullo e as 13:00 horas do 12 de xullo estará aberto o prazo de reclamación a esta listaxe provisional.
O 24 de xullo publicarase a listaxe definitiva de solicitudes e a adxudicación de prazas.
Publicamos un extracto da listaxe provisional na que aparece o alumnado do IES de Mos.
Listaxe dos libros de texto do curso 23-24 do IES de Mos (CORREXIDO 10/07)
admin — Ven, 2023-06-30 10:52
Adxunto a listaxe dos libros de texto do IES de Mos para o vindeiro curso 23-24 (CORREXIDO 10/07)
NOFC do IES de Mos
admin — Xov, 2023-06-29 14:53
NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA
DO IES DE MOS
En arquivo adxunto, remitimos as NOFC do centro para que toda a comunidade educativa as coñeza.
Estas normas apróbaronse na reunión do Consello Escolar do centro do día 29 de xuño de 2023 por unanimidade.
Xurxo Collazo Saavedra.
Director do IES de Mos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »