O centro
Familias
Iniciar sesión
Procedemento e prazos de admisión curso 24-25
admin — Xov, 2024-01-25 12:58
No seguinte documento adxunto indícanse prazos e procedemento para levar a cabo a admisión para o vindeiro curso 2024-25.
Cubrir a enquisa sobre o uso do posible servizo de comedor
admin — Mér, 2024-01-17 17:24
A Comunidade Educativa do IES de Mos é plenamente consciente dende hai moito tempo de que o alumnado que vive máis lonxe do noso centro ten serias dificultades para ir a mediodía a comer á súa casa e volver para as sesións da tarde.
Ante esta problemática, moito alumnado queda nas inmediacións do noso centro e resolve a situación como pode.
Coñecedores desta situación e sendo conscientes do perigo que estes rapaces e rapazas corren estamos a tratar de porlle solución.
A idea é que a través da ANPA se poida contratar un servizo de catering e monitores para que o alumnado (cuxas familias pertenzan á ANPA) que teña estas dificultades teñan fácil solución.
Para lograr que a Administración nos permita implantar esta solución precisamos a colaboración de todas e todos:
- A participación da ANPA.
- A implicación do Concello de Mos.
- A colaboración do IES de Mos.
- As impliacións das familias.
- E a aprobación da Administración de educación.
Polo de agora somentes precisamos que cubran a seguinte enquisa (o prazo é ata o luns día 22 de xaneiro): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqL8j8Dlyv7FYm6C6_WBBYk2YPYji9tw8DShpJ_9bafTEVcw/viewform?usp=sf_link
Moitas grazas pola súa colaboración.
Un saúdo.
Azucena Matilde.
Directora do IES de Mos
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
admin — Lun, 2024-01-15 19:51
Premendo na seguinte ligazón pódense consultar as datas para a realización das probas de acceso aos graos formativos de ciclo medio e superior, así como tamén a propia orde de convocatoria.
Un agasallo de Nadal
admin — Sáb, 2023-12-23 08:50
Este Nadal o alumnado de Francés de 1º ESO regálanos unha fermosa canción pola paz:
Novas normas de uso da biblioteca
admin — Lun, 2023-12-18 12:06
Estimadas familias:
Dende o pasado 15 de decembro estamos en disposición de utilizar as novas instalacións resultado da ampliación do noso centro.
A nosa biblioteca disporá de varias zonas que hai que xestionar e por iso o equipo que a organiza publica as seguintes normas de uso:
Información Charla do Concello de Mos
admin — Mér, 2023-11-22 11:24
Dende o Concello de Mos, solicitan difusión da seguinte información:
Dende o CIM de Mos organizamos, para o próximo venres 1 de decembro, unha charla coloquio da Pedagoga María Couso (Playfunlearning) para as familias, que consideramos que é de interese que a divulguedes entre as mesmas.
A charla será no auditorio do Centro Social de Guizán ás 18:00h.
O aforo é limitado, polo que é necesario inscribirse no formulario habilitado na páxina web https://www.mos.es/charla-coloquio-maria-couso-cerebro-e-pantallas/
Agardamos que sexa do seu interés.
Un saúdo e moitas grazas.
Equipo Directivo do IES de Mos
SEMANA DO BOXEO NO INSTITUTO
jose — Mér, 2023-11-01 21:09
A penúltima semana do mes de outubro gozamos dunhas sesións prácticas de boxeo. Nesta ocasión as sesións foron dirixidas por compoñentes do club de Mos CKM (Juan e Laura). Os afortunados foron os alumnos/as de 3º e 4º da ESO.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »