ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Y EXTRAESCOLARES
ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NO IES O MOSTEIRÓN...
Así celebramos o día de Rosalía no noso instituto... da man do Equipo de Dinamización Lingüística que guiou ao alumnado participante.
... E... que bonitiño quedou todo.
Noraboa!!!
O ALUMNADO DE 4º ESO VISITA O CITIC
Aquí podes ver unha reportaxe do CITIC sobre a visita do alumnado de 4º ESO do noso centro ás súas instalacións... a verdade é que desfrutaron un montón!!!
Visita ao Parlamento de Galicia e á Xunta de Galicia
O 9 de xaneiro o alumando de 3º ESO visitou as Institucións do Parlamento de Galicia no Pazo do Hórreo e a Sede da Xunta de Galicia en San Caetano.
Patinaxe sobre xeo na Coruña....
Para celebrar o remate do primeiro trimestre e despois do esforzo feito por todo o alumnado... o 21 de decembro fomos desfrutar da patinaxe sobre xeo na pista instalada na praza de María Pita.
Digital Week-Peares 2023.
Na semana do 26 de novembro ao 2 de decembro, 22 alumnos/as de 4º ESO, acompañados da profesora da Sección Bilingüe de Física e Química, desfrutaron dunha inmersión lingüística en Inglés e afondaron en coñecementos relacionados coa creación de páxinas web, deseño 3D e robótica. Foi unha experiencia que lles fixo a tod@s saír da zona de confort pero da que troixeron vivencias inolvidables!!!
Así celebramos o día da Paz no Mosteirón...
O camiño que nos leva a acadar a Paz... así o fixemos no IES O Mosteirón. Grazas á colaboración do Departamento de Educación Plástica e Visual, ao Departamento de Tecnoloxía e a todo o alumnado participante.
Cartel Colaboración AACCEE Concello de Sada. Curso 22-23.
VISITA AS TÚAS INSTITUCIÓNS 28 OUTUBRO 3ºESO
Bo día,
O pasado venres 28 de outubro os alumnos de 3º ESO visitaron Santiago de Compostela, onde ademais da Catedral, coñeceron o Parlamento Galego e a Xunta de Galicia. Unha toma de contacto moi interesante dos poderes lexislativo e executivo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Engadimos fotos da saída realizada:
MAGOSTO 24 OUTUBRO 2022
Bo día,
Subimos fotos da actividade do pasado luns 24 de outubro do Magosto celebrado no IES O Mosteirón.
Cada 1€ recadado por cucurucho de castanas vai integramente destinado como axuda para a viaxe de fin de curso do noso alumnado de 4º ESO.
Parabéns ao alumnado de 4º ESO pola organización e a todos pola vosa participación.
Fotos realizadas pola profesora Dª Natalia Veira Pol.